HomesociedadeOs xogos de mesa engancharon á xente de Monforte

Os xogos de mesa engancharon á xente de Monforte

A organización cualifica de 'exitosas' as I Olimpíadas de Mesa que se celebraron no Ateneo-Casino os días 5 e 6 de setembro. Houbo moita asistencia alcanzándose o sábado pola tarde un total de 70 participantes.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

As primeiras olimpiadas dedicadas a xogos de mesa en Monforte de Lemos, e segundo trasladan os organizadores, “foron un éxito xa que se cumpriron dous obxectivos principais: facilitar un espazo lúdico para público de tódalas idades e procedencias e facer comunidade entorno ao mundo dos xogos e o rol”.

En canto ao número de participantes houbo unha media entre as dúas xornadas duns 30 xogadores, alcanzando a máxima asistencia o sábado pola tarde con perto de 70 xogadores.
No tocante á competición realizáronse 3 torneos: Catán, Dune Imperium e Magic.

Logo dunha intensa final o gañador do torneo de Catán foi José Luis Guitián, mentres que Domingo J. Rodríguez fíxose co trofeo de Dune Imperium e Diego González “Neme” impuxo a forza do seu mazo de cartas para facerse co triunfo en Magic. Os trofeos viñeron acompañados de agasallos patrocinados por librarías locais.

Campión de Catán. Foto: Maro Carretero.

A organización, en palabras do seu coordenador Maro Carretero, manifesta que este evento non sería posible sen a colaboración de organizacións coma Provivienda –que posibilitou a asistencia de persoas extranxeiras– ou a aportación de material e persoal da Asociación Cultural Náufragos do Paradiso (os cales contaban coa experiencia da realizar eventos semellantes). No desenvolvemento da actividade tamén colaboraron membros da organización do Torneo de Catán de Sober, o cal realizará a súa segunda edición en vindeiros días, e da asociación lucense Ludus Gallaeciae.

Finalmente, afirman dende a organización que “á espera dunha análise máis completa e dado o éxito de participantes desta primeira edición a organización está valorando celebrar unhas II Olimpíadas de Mesa”.

Os trofeos. Foto: Maro Carretero.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...