HomesociedadeO Concello de Sober presenta cartel para as Festas do Carme

O Concello de Sober presenta cartel para as Festas do Carme

Celebraranse os días 19, 20, 21 e 22 de setembro cun programa que inclúe interesantes propostas musicais. Entre elas están o concerto de Roi Casal e a actuación da orquestra Olympus.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Conta atrás para a celebración das Festas do Carme, as patronais da localidade de Sober. Festexos que destacan este ano, en palabras do seu alcalde Luis Guitián, pola “ampla e variada oferta de actividades e actuacións pensadas para compracer a todos os públicos”

O venres 19, primeiro día de celebración, terá lugar o II Torneo de Catán ás 20:00 horas. E xa pola noite, ás 22:00 horas, chegará a Sober o espectáculo ‘Historia da Verbena’ da Oca Band e que contará coa presenza do actor e humorista Pepo Suevos.

PROGRAMA PARA A FIN DE SEMANA

O sábado 20 de setembro actuará o grupo tradicional Érbedo –Xuventudes Musicais de Sober– antes da misa solemne das 13:00 horas. Pola tarde, ás 19:30 horas, desenvolverase “O Gran reto dos Bolechas”, unha actividade pensada para a cativada; e chegada a noite, ás 21:30 horas haberá un concerto do grupo Los Coleguitas e ás 23:00 horas Roi Casal ofrecerá un concerto na Praza do Concello.

O domingo 21 o protagonismo pola mañá será para a Banda de Música de Sober. A formación acompañará á procesión e despois, ás 14:00 h., ofrecerá un concerto-vermú. A misa, cantada polo Coro Berea, será ás 13:00 h.

Pola tarde, chegará un interesante evento deportivo. Ás 17:00 horas xogarase o partido de fútbol Trofeo Festas do Carme entre o Sober e o Palas. Na verbena, programada ás 21:00 horas, a encargada de pechar a fin de semana por todo o alto será a Orquestra Olympus.

GRAN PAELLADA’ PARA POÑERLLE O RAMO ÁS FESTAS

O luns día 22, e como remate das Festas do Carme 2025, haberá misa na Igrexa Nova ás 12:30 horas. E pola tarde, unha das citas máis esperadas, o encontro gastronómico coa ‘paella xigante’ que cociñará en vivo o mestre cociñeiro José Arias a partir das 20:30 h. Haberá racións de balde para todos os asistentes e contará co acompañamento musical do dúo Eclipse.

Cociñando a paella xigante (2016). Foto: Concello de Sober.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...