HomesociedadeVI Premios á Excelencia Turística da provincia

VI Premios á Excelencia Turística da provincia

O Presidente da Deputación de Lugo e Presidente do Consello Provincial de Turismo, José Tomé Roca, presidiu este sábado, no Día Mundial do Turismo, o acto de entrega dos sextos premios á excelencia do turismo e a gastronomía da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na categoría Lugo Cambia ao Turismo Lucense, o xurado distinguiu este ano ao programa de actividades Descubrir Quiroga, a Festa da Queima das Fachas de Taboada e tamén a Foliada da Fonsagrada; na de …E para comer, Lugo á gastronomía lucense gañaron a Feira do Queixo do Cebreiro e a Feira Degustación da Tenreira de Láncara. Pola súa banda, Camiño cara a sostibilidade turística da Mariña Lucense foi a recoñecida polo seu traballo ao Turismo Sostible e o Hotel Mogay recibiu o accésit nesa categoría.

“Hoxe, máis que entregar uns galardóns, rendemos homenaxe ao compromiso, á creatividade e ao amor pola provincia de Lugo. Cada proxecto que recoñecemos fala de xente que cre na súa terra, que entende o turismo como unha ferramenta para xerar riqueza, para dinamizar o rural, para coidar o noso patrimonio e para proxectar a nosa identidade ao mundo”, destacou Tomé Roca.

O acto, celebrado no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, foi presentado polo actor e comunicador Alberte Cabarcos e amenizado coa música en directo da guitarrista lucense Iria de Cabo, integrante da Banda da Loba, e a baixista e a cantante Raquel López. Foi retransmitido en directo na canle de Youtube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo. As entidades premiadas recibiron, como todos os anos, un diploma e unha peza de cerámica de Gundivós, que acreditan este recoñecemento realizado dende o Consello Provincial de Turismo, un órgano consultivo e de participación para favorecer a gobernanza turística da provincia que foi promovido e está presidido pola Deputación de Lugo

Vicente Parra Vizcaíno, tenente de Alcalde do Concello de Quiroga, recolleu o premio a Descubrir Quiroga, “un programa que convida –en palabras do Presidente- a coñecer a fondo a riqueza natural, cultural e enoturística deste recuncho da Ribeira Sacra”.

Manuel Fidalgo Gayoso, Presidente da Asociación Cultural As Fachas, e Roi Rigueira Agromartín, Alcalde de Taboada, recolleron a distinción pola Queima das Fachas. “Unha tradición ancestral que ilumina as noites de Taboada, símbolo da nosa memoria colectiva e da forza das nosas festas populares”, valorou Tomé Roca.

Pablo Rivera Capón, Alcalde substituto de Láncara e Deputado provincial, recolleu o recoñecemento á Feira Degustación da Tenreira de Láncara “que pon en valor a nosa carne de calidade, orgullo dun sector gandeiro que mantén vivo ao noso rural”.

Jacobo Lorenzo Gay, xerente do Hotel Mogay, recibiu o accésit de Turismo Sostible, “pola súa aposta por un turismo responsable e de proximidade que dinamiza a economía”.

ÚLTIMAS

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...