HomesociedadeUn proxecto preservará e proxectará a 'Rosca de Sober'

Un proxecto preservará e proxectará a ‘Rosca de Sober’

No mesmo están implicados o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería de Medio Rural; a Cátedra do Pan da Universidade de Santiago de Compostela (USC), o Concello de Sober, rosqueiros e un cociñeiro da localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, vén de participar na presentación do Proxecto Rosca de Sober, impulsado pola Consellería do Medio Rural e centrado na investigación e caracterización deste produto. Durante o acto, o director explicou que esta iniciativa ten como fin recuperar e reivindicar este doce, que é “testemuña viva da identidade dun territorio” e “patrimonio gastronómico”.

PROXECTO ROSCA DE SOBER

O proxecto consta de tres eixos principais: a documentación e preservación das calidades da rosca de Sober, o desenvolvemento de sistemas de elaboración e de conservación que respecten a súa autenticidade, e buscar novos usos culinarios para atoparlle espazo á Rosca de Sober na gastronomía contemporánea e na hostalería.

Participarán no desenvolvemento do mesmo persoal do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería de Medio Rural; persoal da Cátedra do Pan da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ademais do propio Concello de Sober, rosqueiros e o cociñeiro Martín Mantilla.

Ademais do anterior, tamén se ten previsto reforzar a celebración da Feira da Rosca, festa que en 2026 chegará á súa XXIX edición e que se presenta como escaparate para dar a coñecer a súa singularidade.

Festa da Rosca (arquivo). Foto: Concello de Sober.

Martín Alemparte sinalou que esta colaboración se dá nun contexto de especial importancia para o territorio da Ribeira Sacra, xa que se está a impulsar a súa candidatura como Patrimonio Mundial da Unesco. Neste sentido, a Rosca de Sober, como produto singular e exclusivo da zona, pode contribuir tamén ao recoñecemento internacional e ao desenvolvemento turístico e económico da zona.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...