Homesociedade35 aniversario do Conservatorio Adagio e homenaxe ao seu fundador, Manuel Randulfe

35 aniversario do Conservatorio Adagio e homenaxe ao seu fundador, Manuel Randulfe

O acto conmemorativo, que tivo lugar este pasado sábado, incluíu unha proxección sobre a traxectoria do homenaxeado, un recital a cargo do alumnado e un aperitivo final no Claustro Monumental dos Escolapios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado 4 de outubro celebrouse o 35 aniversario do Conservatorio Profesional de Música Adagio na Igrexa de Nosa Señora da Antiga,acto que contou tamén cunha homenaxe ao fundador deste conservatorio, Manuel Randulfe Jácome.

O acto conmemorativo, que tivo lugar na Igrexa de Nosa Señora a Antiga e contou coa presenza do Alcalde e as concelleiras de Cultura, Marina Doutón, e Muller e Igualdade, Margarita López, comezou ás 18.30 horas cunha proxección comentada sobre a traxectoria concertista e docente de Manuel Randulfe. A continuación houbo un recital musical a cargo dos alumnos do Conservatorio Adagio, e para rematar serviuse un aperitivo no Claustro Monumental dos Escolapios.

José Tomé destacou a calidade artística de Manuel Randulfe e a aposta deste centro pola formación musical nas diferentes disciplinas.

O CONSERVATORIO ADAGIO

O Conservatorio Adagio suma 35 anos de historia na cidade de Monforte e imparte ensinanzas musicais nos grados elemental e profesional nas seguintes modalidades: piano, guitarra, guitarra eléctrica, baixo eléctrico, percusión e batería. Na actualidade conta cuns 60 alumnos.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...