HomesociedadeRemata o prazo para solicitar actuacións gratuítas relacionadas coa recepción da TDT

Remata o prazo para solicitar actuacións gratuítas relacionadas coa recepción da TDT

O Concello de Monforte informa á veciñanza de que o día 31 de outubro finalizará o prazo para que os usuarios da televisión dixital terrestre (TDT) poidan solicitar á entidade Llega700 axuda para a solución de incidencias .

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o concello lémbrase que tralo inicio do servizo de telefonía móbil de nova xeración (4G e 5G) no municipio por parte das operadores de comunicacións electrónicas móbiles, existe a posibilidade de que algúns usuarios de TDT teñan problemas na recepción.

Segundo a Orde Ministerial que regula este proceso, para solucionar estas afectacións e garantir que a posta en servizo das estacións base de telefonía móbil non afecte á TDT, a entidade Llega700 encárgase de realizar as actuacións técnicas necesarias para resolver incidencias na recepción da televisión dixital terrestre dos usuarios, sen custe para os cidadáns. Este servizo, que ten carácter gratuíto, remata este 31 de outubro.

Para xestionar estes servizos está a disposición dos cidadáns un servizo telefónico gratuíto co número 900 833 999.

TELEFONÍA MÓBIL DE NOVA XERACIÓN

O despregue da 4G e 5G enmárcase no disposto no Real decreto 579/2019, do 11 de outubro, polo que se liberaron as frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles UHF 49 a 60) que ata entón se utilizaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, un proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital. A partir de entón, estas frecuencias foron asignadas aos operadores de telefonía móbil para que presten os seus servizos de telefonía móbil de nova xeración.

ÚLTIMAS

O Camiño de Inverno e o ceo Starlight de Chantada danse cita o 9 de outubro na xornada Ceo no Camiño

A iniciativa que forma parte da actividade astroturística do Concello de Chantada está financiada...

Chantada comeza as obras de rehabilitación do edificio da Academia como nova Casa Consistorial

Este luns, 5 de outubro, asinouse a acta de replanteo que permitirá comezar coas...

Este xoves, 8 de outubro, comeza no Multiusos de Monforte a programación teatral do último trimestre

O concello de Monforte presenta unha completa programación teatral deseñada desde a Concellería de...

Éxito organizativo e de participación na primeira edición da ‘Nocturna do Xeoparque Montañas do Courel’

O pasado sábado, 3 de outubro, celebrouse a primeira edición da Nocturna do Xeoparque...