HomesociedadeMonforte licita as obras de mellora do parque da rúa Doutor López...

Monforte licita as obras de mellora do parque da rúa Doutor López Suárez

Na contorna do Cuartel da Garda Civil localízase esta ampla zona verde para o esparexemento dos monfortinos e monfortinas no barrio do Morín que conta cun parque de xogos infantil, un circuíto biosaudábel con aparellos de ximnasia para xente de todas as idades e unha cancha para a práctica deportiva.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Contémplase a pavimentación co mesmo formigón semipulido en cor terra, semellante ao que se puxo no Parque da Gardería ou no paseo da Ponte Nova. O orzamento base da licitación ascende a 64.156,12 euros e o prazo de execución dos traballos é de un mes.

As empresas interesadas en levar a cabo este proxecto poden presentar as súas ofertas entre o 12 de novembro e o 9 de decembro. As mesas de contratación reuniranse os días 10 e 17 de decembro.

O Alcalde, José Tomé Roca, indica que o estado actual dos paseos do Parque Doutor López Suárez é deficiente nalgunhas zonas, “polo que faise precisa unha actuación que, sen dúbida, mellorará o aspecto deste recinto e fará moito máis cómodo e agradable o uso de este espazo de lecer por parte dos veciños e veciñas da zona, así como das persoas que acoden as instalacións que complementan este parque”.

Os paseos contemplados nesta actuación forman parte da rede viaria do Concello de Monforte e teñen unha loxintude total de 331 metros, cun ancho medio de 3,15 m e unha superficie total de 1.043m2. O paseo actual do parque é de terreo natural, compactado, polo que se procederá á súa pavimentación con formigón semipulido en cor terra.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...