HomesociedadeA XLVI Feira do Viño de Amandi terá un pregoiro de Estrella...

A XLVI Feira do Viño de Amandi terá un pregoiro de Estrella Michelin

O chef Rafa Centeno, do restaurante Vértigo, será o pregoeiro da XLVI Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar os días 27, 28 e 29 de marzo de 2026. Pronunciará o seu pregón o domingo 29 ao mediodía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O cociñeiro do Restaurante Vértigo vén de conseguir a primeira Estrella Michelin da provincia de Lugo. O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que “Centeno logrou un fito histórico para Galicia, para a provincia de Lugo e para Sober”.

A estrela de Vértigo, o proxecto máis persoal de Rafa Centeno, non só borra a Lugo da lista de provincias sen distinción Michelin, senón que sitúa ao enoturismo galego no primeiro nivel nacional, onde apenas seis adegas en toda España contan cun restaurante estrela nas súas instalacións. Con isto, Regina Viarum consolídase como un dos grandes referentes enoturísticos do noroeste peninsular.

Rafa Centeno fíxose cargo do Restaurante Vértigo o pasado mes de xullo. Natural de Lugo, o cociñeiro é tamén propietario do reputado restaurante vigués Maruja Limón, distinguido tamén desde o ano 2010 cunha estrela da Guía Michelin.

O seu domicilio actual está na aldea de Francos, en Sober, desde onde pode achegarse andando ao restaurante e á adega. O Goberno local de Sober valora o seu interese por asentarse en Sober, “a súa intención de contribuír á revitalización do mundo do rural galego e a aposta e promoción dos produtos locais de proximidade que, xunto aos viños da subzona de Amandi, non faltan na súa carta”.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...