HomesociedadeChantada abre un espazo polivalente na remodelada Praza Luis García Arias

Chantada abre un espazo polivalente na remodelada Praza Luis García Arias

O Concello de Chantada vén de abrir ao público a Praza Luis García Arias, na zona da Lama das Quendas, unha praza recentemente reformada a través dunha subvención da Xunta de Galicia para a mellora de infraestruturas na que se investiron 75.000€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A praza faise accesible e salva a pendente do terreo con catro plataformas que despois das obras minimizan o impacto visual da presenza dos muros de formigón ao rebaixar o seu nivel. Na primeira plataforma instalouse o parque infantil adaptado e nas outras tres creáronse zonas verdes e bancos corredizos para o descanso, que fan de soporte a toda a zona verde con especies arbustivas e arbóreas que crean un espazo de cor que dará sombra en canto medren as árbores.

“Esta praza levaba tempo en desuso e coa proximidade dos centros escolares e das instalacións deportivas da contorna pareceunos importante transformar esta zona nun espazo polivalente, que incluira un parque infantil e creara áreas verdes con sombra para o descanso da xente, principalmente das persoas que viven alí”, explica o alcalde do Concello de Chantada, Manuel Lorenzo Varela.

Praza Luis García Arias / Segundo Navaza

Precisamente, que solución se lle daba a este espazo era unha inquedanza que tiña trasladado a veciñanza ao equipo de goberno. Unha vez rematada a obra aseguran estar satisfeitos, “A obra presentaba as súas complexidades, tanto na súa execución como nos usos finais, pero as persoas que viven na zona trasládannos que están moi satisfeitas coa humanización que vimos de facer, un espazo aberto, verde, accesible e funcional”, asegura o rexedor.

A área de Infraestruturas Urbanas do Concello de Chantada segue así coa recuperación de espazos e prazas que estaban desaproveitadas para crear zonas agradables para o lecer. Para o vindeiro ano anúncianse dúas importantes obras no casco urbano para habilitar máis superficies para o contacto coa natureza e o descanso.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...