HomesociedadeCon cotas de neve de 600 metros refórzase o operativo provincial

Con cotas de neve de 600 metros refórzase o operativo provincial

A Deputación de Lugo reforzou nas últimas horas o seu dispositivo especial de vialidade invernal para garantir a seguridade e a circulación nas estradas provinciais, tras un episodio de nevadas xeneralizadas que afectou practicamente a toda a provincia, con especial incidencia en zonas de media e alta montaña debido ás baixas cotas de neve, situadas arredor dos 600 metros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación informar de que o operativo provincial leva traballando de xeito continuado dende as 7.00 horas deste domingo, interrompendo a súa actividade ás 21.00 horas e retomándoa novamente ás 3.00 da madrugada para atender unha emerxencia na LU-P-4504, onde foi necesario rescatar un vehículo atrapado pola neve no que viaxaban menores de idade. Dende ese momento, os equipos continúan traballando sen interrupción para despexar as vías e garantir a súa seguridade.

Este mesmo domingo, a institución provincial reforzou o dispositivo inicial, que actualmente conta cun total de 16 máquinas quitaneves, 16 vehículos de apoio e 64 operarios, tras a incorporación de 16 efectivos máis, e a ampliación dos medios materiais con 8 vehículos adicionais dotados de equipamento específico para a retirada de árbores e pólas, co obxectivo de facilitar o paso das quitaneves e acelerar a reapertura das estradas.

As tarefas céntranse especialmente nos concellos situados a maior altitude, aínda que a neve obrigou a actuar tamén en vías do cinto comarcal, como a LU-P-1611, ao seu paso polo municipio de Castroverde. As únicas comarcas que non se viron afectadas de maneira significativa por este episodio foron A Mariña e A Ribeira Sacra.

Nas últimas horas, os efectivos do dispositivo provincial tiveron que auxiliar e retirar da calzada arredor de 30 vehículos, tanto de persoas que non podían acceder ás súas vivendas como de condutores que se desprazaron á zona da Montaña atraídos pola presenza de neve. A Deputación de Lugo fai un chamamento á responsabilidade nos desprazamentos, co fin de non dificultar os traballos de limpeza e garantir a seguridade viaria.

Ademais da acumulación de neve, os equipos están a facer fronte á caída de arboredo e pólas debido ao forte peso da neve nas copas das árbores. No concello do Incio, por exemplo, a caída de árbores afecta a varias estradas provinciais, polo que se prevé que os labores de limpeza se prolonguen durante algunhas horas máis ata poder restablecer completamente a circulación.

Noutro punto da rede viaria, na LU-P-5713, que conecta Sarria con Piñeira, foi necesario intervir tras o desprendemento parcial da fachada dun edificio, que provocou a caída de cascallos sobre a estradas, obrigando a realizar tarefas de limpeza da vía. Os traballos continuarán ao longo da mañá, coa previsión de que a maior parte da rede de estradas provinciais poida quedar aberta ao tráfico cara ao mediodía, sempre en función da evolución das condicións meteorolóxicas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...