HomesociedadeOs Reis Magos visitan en Monforte os centros de atención a maiores...

Os Reis Magos visitan en Monforte os centros de atención a maiores e persoas con discapacidade

Os Reis Magos de Oriente pecharon a súa visita á Monforte de Lemos este martes, 6 de xaneiro, cun percorrido polos centros de atención a maiores e persoas con discapacidade do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Trala multitudinaria Cabalgata que sementou ilusión polas rúas monfortinas o pasado luns, as Súas Maxestades dedicaron a xornada festiva aos usuarios/as destes centros, cos que compartiron un tempo de conversa e acompañamento, ademais de repartir caramelos.

Persoal do Concello de Monforte encargouse dos desprazamentos para que os Reis puideran visitar os diferentes centros, percorrendo ao longo da tarde a Residencia Asimédica Virgen de la Luz, Residencia de Maiores do Malecón, Hogar San José Hermanitas de los Ancianos Desamparados, Domus Vi e Prodeme.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...