HomesociedadePantón e Sober acollen este 24 de xaneiro a Xornada de convivencia...

Pantón e Sober acollen este 24 de xaneiro a Xornada de convivencia de Special Olympics Galicia e Fademga

Os invitados, xuntas directivas, persoal e voluntariado visitarán en Pantón o Mosteiro de Santa María de Ferreira e a igrexa de San Miguel de Eiré e en Sober celebrarán xantar de confraternidade na adega Algueira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O persoal das xuntas directivas de Special Olympics Galicia e FADEMGA Plena inclusión asistirá este sábado a unha nova xornada de convivencia e confraternidade en Pantón e Sober, con recepcións institucionais e visitas turísticas e culturais a estes concellos lucenses.

Así participarán José Luis Álvarez Blanco, alcalde de Pantón e Luis Fernández Guitian, rexidor de Sober, representando á Administración Autonómica estará Óscar Viñas Penelas, xefe territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Lugo da Xunta de Galicia; Raquel Arias Rodríguez, deputada do Parlamento de Galicia, Manolo Pérez Álvarez, presidente do Consello Económico e Social de Galicia e o presidente de Special Olympics Galicia e FADEMGA plena Inclusión Galicia D. Eladio Fernandez Pérez acompañados das xuntas directivas, traballadores e traballadoras e persoas voluntarias.

A xornada de convivencia comezará ás 11 horas cunha recepción do alcalde de Pantón onde as visitas culturais e turísticas iniciaranse ás 12 horas, o recorrido inclúe o Mosteiro de Santa María de Ferreira e a igrexa de San Miguel de Eiré. O rexedor de Sober recibirá as persoas participantes ás 13:30 horas. Rematando cunha comida de convivencia ás 14:30 horas na Bodega Adega Algueira.

Special Olympics Galicia, Asociación de Pais, Nais, Profesionais e Amizades de Persoas con Discapacidade Intelectual, é unha organización sen ánimo de lucro creada no ano 2000, que traballa pola promoción e a inclusión social das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias, mediante o ocio, o tempo libre, a cultura e o deporte.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...