HomesociedadeEstradas máis afectadas no sur da provincia co temporal Ingrid

Estradas máis afectadas no sur da provincia co temporal Ingrid

A Deputación de Lugo continúa a traballar nas estradas provinciais afectadas pola borrasca Ingrid e permanece en alerta ante a previsión de intensificación do temporal nas próximas horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial intervén na práctica totalidade da provincia debido ás precipitacións persistentes, cunha cota de neve situada arredor dos 600 metros, aínda que variable segundo a orografía de cada zona. O espesor acumulado da neve oscila entre 5 e 25 centímetros, provocando dificultades na circulación e peches puntuais de vías.

O dispositivo despregado pola Deputación conta con 24 máquinas quitanieves, 8 vehículos de apoio, 8 todoterreo para atender incidencias como árbores caídas e 64 operarios. Así mesmo, están activos os 13 silos de sal distribuídos pola provincia, con 500 toneladas dispoñibles para asistir e apoiar aos concellos. Estes deberán notificar á institución provincial a retirada de sal dos depósitos para garantir o control do seu uso e a correcta distribución durante a alerta meteorolóxica.

Ademais, o dispositivo provincial presta apoio ao persoal do programa Xantar na Casa, que circula detrás das quitanieves para asegurar que a comida chegue puntualmente ás persoas usuarias nos lugares programados.

Os concellos máis afectados sitúanse nas zonas da Montaña lucense e nas áreas altas da provincia. As estradas afectadas, por concello, son as seguintes:

  • O Courel: LU-P-1301; LU-P-1303; LU-P-1304; LU-P-1305; LU-P-1306; LU-P-4501, LU-P-4701, LU-P-4505, LU-P-5004, LU-P-5601. Espesor: 10–20 cm
  • O Incio: LU-P-2505 (Foilebar – Lamarredonda – Aira Padrón) PECHADA; LU-P-1306 (Megoxe – Herrería do Incio); LU-P-2501, 2502, 2503, 2504, 4706, 5711, 2507. Espesor: 5–10 cm
  • Quiroga: A LU-P-5001, 5004, 5002 e a 5005
  • Ribas de Sil: Estrada de San Clodio ao Alto da Cruz da Moa
  • Samos: A LU-P-5603, 5601, 1306, 5605, 2503, 2507, 5602, 5604. 
Espesor: 5–12 cm

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...