HomesociedadeA neve viste de branco o Xeoparque Montañas do Courel

A neve viste de branco o Xeoparque Montañas do Courel

Dende o pasado venres a borrasca Ingrid está deixando neve por enriba dos 600 metros en moitos lugares do territorio que abranguen os Concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

As Montañas da Comarca de Quiroga locen estes días un fermoso branco invernal grazas ás copiosas nevadas que están a caer en cotas bastante baixas do territorio, chegando incluso a verse a neve no centro urbano de Quiroga. O venres 23 pola noite puidéronse ver folerpas, algo que non ocorría dende hai moitos anos.

Miradoiro xeolóxico do Pregamento de Campodola-Leixazós. Foto: XMF.

O Alto da Moá e o Alto do Boi presentaban este sábado grandes cantidades de neve sendo necesarias as quitaneves para facilitar a circulación polas principais vías de comunicación dos Concellos de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso do Courel. Algúns núcleos das zonas máis altas da Montaña do Lor e do Courel, que manteñen grandes acumulacións de neve, tiveron algúns problemas de acceso e comunicación pola mañá pero ao longo do día maquinaria local, da Deputación e da Xunta traballaron para despexar os accesos máis conflitivos.

San Clodio e Quiroga de fondo, no val, vistos dende o Alto da Moá. Foto: XMF.
Máquina Quitaneves no Alto do Boi entre Quiroga e Folgoso do Courel. Foto: XMF

Con todo, a estampa invernal que presentan estes tres concellos do Xeoparque Montañas do Courel é espectacular. Unha imaxe que moita xente está a retratar e compartir estes días a través das redes sociais, ben sexa porque está a vivir en primeira persoa as nevaradas nas súas aldeas, ben sexa porque se achegou a ver de preto a neve e nalgúns casos a xogar con ela en familia.

Foto da aldea de Meiraos, en Folgoso do Courel, feita e cedida por Jesús.
Acceso a Parteme, aldea da Montaña do Lor en Quiroga. Foto: RTMQ
Acceso a Leixazós, aldea de Quiroga preto do Alto do Boi. Foto: RTMQ
Boneco de neve onde o Miradoiro xeolóxico de Campodola-Leixazós en Quiroga. Foto: XMF

Segundo a AEMET, o episodio de frío e neve prolongarse toda a fin de semana.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...