HomesociedadeCondicións ventaxosas para a veciñanza de Pantón no Iberik Augas Santas

Condicións ventaxosas para a veciñanza de Pantón no Iberik Augas Santas

O Concello de Pantón e Iberik Augas Santas Balneario asinan convenio de colaboración para ofrecer condicións ventaxosas nos servizos para a veciñanza do municipio

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón vén de asinar un convenio de colaboración con Iberik Hoteles Augas Santas Balneario & Golf para que os veciños e veciñas do municipio se poidan beneficiar de condicións ventaxosas nos servizos ofrecidos polo balneario. O obxectivo principal deste acordo que terá unha vixencia dun ano, é promover hábitos de vida saudables e o benestar da cidadanía.

Poden acollerse ás vantaxas recollidas neste convenio todas aquelas persoas que estean debidamente empadroadas no Concello de Pantón e acrediten esta circunstancia mediante certificado de empadroamento actualizado. A condicións económicas do convenio, que son efectivas desde este 9 de febreiro son as seguintes:

  • Circuito termal adultos: 15 € (persoas adultas empadroadas no Concello de Pantón)
  • Circuito termal nenos/as: 10 € (menores de 12 anos empadroados no Concello de Pantón).
  • Técnicas termais: 20% de desconto sobre o prezo habitual para os veciños e veciñas do Concello de Pantón.

Os decontos e condicións preferentes serán aplicables de luns a venres, sempre que non coincidan en festivo. Para obter os descontos será imprescindible reservar cita e presentar certificado de empadroamento con data de expedición non superior a tres meses.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...