HomeCulturaExposición colectiva no Centro Comercial Ponte Vella

Exposición colectiva no Centro Comercial Ponte Vella

Preséntase baixo o título "EncontrARTE en vez de enfrontARTE. Cultura versus? Comercio" e reúne obras de pintura de dez artistas de Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O segundo andar no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense acolleu o pasado xoves a inauguración da exposición colectiva Primeira Reunión de Artistas de Ourense “EncontrARTE en vez de enfrentARTE. Cultura versus? Comercio”. A mostra acolle pinturas de dez artistas afincados na cidade das Burgas e propón un diálogo aberto entre arte, espazo e vida cotiá.

O acto de presentación contou coa presenza dos artistas participantes e numeroso público, convertendo a contorna comercial nun espazo de encontro cultural. A devandita exposición abre tamén a porta a unha reflexión sobre a relación entre cultura e comercio, apostando por unha arte viva, social e conceptual, con vocación crítica e un punto de provocación, integrado na experiencia diaria da cidade.

A exposición no CC Ponte Vella. Foto cedida.
AUTORES PARTICIPANTES

Participan na exposición: Rebeca García, Paulo Gominho, César Prada, Leandro Sánchez, Antonio Carrera, Gill Bird, Olga Reinoso, Susi Ballester, Lola Veiras e Fernando Eiriz.

Con esta iniciativa, Ponte Vella transfórmase nun escenario artístico aberto ao espectador, onde pintura, pensamento e vida cotiá entrelázanse, reforzando o papel da arte como ferramenta de diálogo e reflexión colectiva.

ÚLTIMAS

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...