IniciosociedadeRelatorio de deficencias no Centro de Saúde e PAC de Chantada

Relatorio de deficencias no Centro de Saúde e PAC de Chantada

O novo modelo de xestión de caixóns de atención primaria e nos almacéns convencionais levanta as protestas dos profesionais do Centro de Saúde e PAC de Chantada.

Publicado o

- Advertisement -

Os traballadores do Centro de Saúde e PAC de Chantada presentaban o14 de xaneiro, no Rexistro do Hospital de Monforte de Lemos, un escrito dirixido ao Xerente da Eoxi Lugo, Cervo e Monforte no que mostran o seu malestar co que está acontecendo no seu Centro Sanitario. Catro día despois, a CIG Saúde Monforte levou ese escrito ao Comité de Centros de Atención Primaria. A día de hoxe non tiveron ningún tipo de resposta, a pesar dos graves problemas que está tendo o servizo.

Nesta situación deciden facer público o escrito no que relatan a deficiencias. Con respecto á calidade dos materiais falan de esparadrapo que non pega, termómetros con moita variabilidade e pouca precisión ou sistema de sueros, cada vez, de peor calidade. Aseguran non recibir artigos que si recibían antes e que son necesarios para a práctica asistencial, como o pegamento de feridas. A esto engaden que o material subministrado é insuficiente e que se producen moitas trabas administrativas para dar solución aos problemas que xorden cos pedidos, por exemplo, non atendendo os correos electrónicos que remiten os peticionarios.

A pesar de implantar, fai 8 meses, o Programa de Espirometrías, non se pon en marcha porque non remitiron a estación metereolóxica. Non se repoñen as tarxetas extraviadas no almacén de caixóns, polo que non mandan o material solicitado. Os traballadores falan tamén de deficiencias graves nas instalación e material inmovilizado; como unha única toma de osíxeno, dous Ecg obsoletos e só un funciona correctamente, a falta de baño para pacientes no PAC, o pulsiosímetro pediátrico tamén compartido co Pac, tensímetros dixitáis e impresoras estragadas, servizo de recollida/entrega de laboratorio ineficaz e falta de mantenemento no esterilizador, entre outras carencias.

Con estes antecentes, os traballadores solicitan no seu escrito, o urxente nomeamento dun Coordinador de Enfermaría para o SAP de Chantada, maior flexibilidade nos pedidos, canles de comunicación máis eficaces, maior control de calidade por parte de Eoxi Lugo, A Mariña e Monforte e vixianza dos artigos subministrados, maior estocaxe, realización das obras necearias para que o Centro de Saúde conte con dúas tomas de O2e a construción dun baño propio para os pacientes no Pac de Chantada. Os traballadores solicitan que cando se faga o Plan de Necesidades do 2019 se lle concedan ao Centro de Saúde as dotacións que agora faltan ou están en mal estado.

ÚLTIMAS

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...