HomesociedadeXornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

Xornadas de Tecnoloxía no IES Daviña Rey de Monforte

Desenvolveranse os días 13 e 14 de marzo e contarán con preto de setenta profesores de tecnoloxía de toda Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O IES Daviña Rey acolle unha nova edición das Xornadas de Tecnoloxía, evento que organiza a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APTG) e que coordina Pablo Blanco Quiroga, socio da entidade e docente do centro. Será a primeira vez que se organicen en Monforte e o Daviña foi escollido de entre dúas propostas que tiña a asociación enriba da mesa para este ano.

O programa de actividades inclúe, na primeira xornada deste 13 de marzo pola mañá, unha visita guiada ao Museo do Ferrocarril de Galicia e visitas ás empresas monfortinas Fenestra e Ramiro Vila. Pola tarde haberá dúas conferencias: ás 16:00 h. unha sobre a historia do patrimonio industrial ferroviario a cargo do Director do Museo do Ferrocarril de Galicia, Luis Blanco; e outra charla a cargo de Alejandro González, antigo mestre do IES Daviña Rey e creador do primeiro videoxogo de Galicia. Este último estará acompañado por un dos presidentes do MUVI (Museo do videoxogo) de Cangas.

FORMACIÓN E REUNIÓNS

As xornadas tamén darán a oportunidade de seguir varios obradoiros de formación nas dúas xornadas de venres e sábado. As deste venres serán a partir das 18:00 h. e as do sábado 14 en sesións de mañá e de tarde. Pola mañá de 10 a 13.30 h; e de tarde de 16:00 a 19:30 h. Concretamente haberá sesións dedicadas á Intelixencia Artificial, á domótica, á ciberseguridade e ao eclipse solar deste verán.

A maiores das actividades e os obradoiros, tamén se contemplan reunións para poñer en común proxectos e ideas e a asemblea xeral da entidade organizadora (APTG) o sábado ao mediodía.

Control dun dron na II Feira de Formación Profesional / XdL

ÚLTIMAS

Este 16 de maio comeza o “Descubrir Quiroga” percorrendo o Camiño de Inverno

Este xoves o concello de Quiroga presentaba o programa que comeza xa coa súa...

En marcha as obras da estrada provincial que une Chantada e Os Peares

A actuación permitirá acondicionar un total de 23 quilómetros de vía, concretamente entre os...

O Concello de Chantada mellora a limpeza das beirarrúas

O Concello de Chantada a través da concellaría de Infraestruturas Urbanas coordina o comezo...

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...