HomesociedadeMáis de 300 persoas degustaron o Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

Máis de 300 persoas degustaron o Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A segunda edición do Cocido Gourmet Porco Celta do Incio celebrouse este sábado en Eirexalba co obxectivo de reivindicar este produto autóctono e afianzar a iniciativa dentro do calendario gastronómico galego. A cita foi un éxito e conseguiu congregar a máis de 300 persoas no Hotel Hermida Rural.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A pregoeira desta edición foi a cantante Lucía Pérez, natural do municipio. Xunto a ela, o humorista David Amor participou como embaixador do evento. No seu pregón Lucía referiuse ao porco celta como “un símbolo de identidade, de resistencia e de futuro”. Asegurou que apostar por esta raza “é apostar por manter viva a nosa terra, a nosa cultura e a nosa economía local”. Tivo palabras para Ánxel Fole, Marica Campo e para as protagonistas silenciosas da cociña, as mulleres, e remarcou que o Cocido Gourmet “representa o encontro entre tradición e innovación”.

A programación deu comezo ás 13:00 horas cunha cata de viños guiada coa colaboración de Bruno Lovelle, na que se ofreceron petiscos gourmet elaborados con Porco Celta como aperitivo. Tras o pregón, celebrouse o xantar, que tivo como prato estrela o cocido, seguido dunha queimada co seu tradicional conxuro.

Pola tarde celebrouse concerto do grupo Deloreans con versións de temas indie, pop e rock. Houbo cea con iscos ao espeto e pechouse a xornada cunha noite de destilados selectos e combinados.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, destacou que esta segunda edición dá continuidade a un proxecto que naceu coa intención de fortalecer a identidade gastronómica do municipio e respaldar o sector do Porco Celta. Ademais, incidiu en que a meta é que o evento medre progresivamente, gañe visibilidade e se consolide como unha referencia dentro das citas gastronómicas tanto da provincia como do conxunto de Galicia.

Cocido O Incio 2026 / Concello do Incio

ÚLTIMAS

Rueda enche no mitin de Monforte e visita a feira de Chantada

Rueda lembrou en Monforte que Lugo foi na anterior convocatoria das Eleccións Xerais, en...

O programa “Lugo de corazón a corazón” leva aos concellos da provincia a formación en prevención cardiovascular

O programa, que conta co apoio da Deputación de Lugo, busca facilitar o acceso...

Tres feridos nun accidente entre dous coches en Sarria

Segundo informou o 112 Galicia, un particular deu aviso deste accidente arredor das 20.00...

Este 22 de novembro ás 18:00 na casa da cultura de Monforte, maxia para público familiar na programación do 25-N

Esta actividade enmárcase na campaña “Monforte en negro contra as violencias”, organizada polo Concello...