Homesociedade60.379€/ano para a contratación dos servizos de telefonía e internet do concello...

60.379€/ano para a contratación dos servizos de telefonía e internet do concello de Monforte

O obxectivo do contrato, indica o rexedor, “é manter, potenciar e mellorar os sistemas de comunicacións, impulsando o despregue da administración electrónica e as relacións coa cidadanía tanto no Concello de Monforte como nos seus centros adscritos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte abre proceso de contratación por procedemento público dos servizos de comunicacións municipais que integran a telefonía fixa, telefonía móbil, datos e internet no Concello de Monforte e os seus centros dependentes durante un período de 4 anos, coa posibilidade de engadir un ano adicional de prórroga. O importe base da licitación ascende a 60.379€ anuais, e un custe estimado para os 5 anos de duración máxima do contrato de 301.895€ con ive. O prazo para presentar ofertas finaliza o 13 de abril de 2026.

O alcalde explica que no actual contexto de avance das tecnoloxías de comunicación faise necesario dispoñer dun servizo integrado que englobe as diferentes prestacións. Trátase dun contrato de provisión de servizos de comunicacións baseados nunha rede multiservizo única (voz e datos) que os licitadores deberán deseñar e implantar de forma tal que se garantan os acordos de nivel de servizo necesarios nas infraestruturas e nos propios servizos prestados sobre elas.

Para satisfacer as necesidades do Concello e modernizar a súa rede de comunicacións, o contrato dotará dunha rede virtual corporativa de voz e datos ás súas sedes principais.

A adxudicataria deberá proporcionar unha rede de datos privada baseada en tecnoloxía MPLS, con conexións seguras mediante accesos de fibra óptica, permitindo a interconexión dos distintos centros de forma privada. Así mesmo, disporase de mecanismos de redundancia para garantir a continuidade do servizo ante posibles incidencias. Neste senso, a empresa que resulte adxudicataria, deberá asegurar os niveis de calidade e as medidas de seguridade adecuadas.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...