HomesociedadeÉxito de participación nas actividades da XVIII edición do 'Estase Cocendo'

Éxito de participación nas actividades da XVIII edición do ‘Estase Cocendo’

O 'V Aquelarre das Meigas' poñía este pasado sábado o punto e final a un programa de actividades que contribuíron a dinamizar o evento turístico-gastronómico que organiza a Apehl, Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. A Tenente Alcalde, Gloria Prada, como en anos anteriores, participou activamente nesta xuntanza.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A 18ª edición do Estase Cocendo rematou esta pasada fin de semana logo de quince días nos que diferentes establecementos da Ribeira Sacra ofreceron propostas gastronómicas relacionadas cun dos pratos estrela da gastronomía lucense, o cocido. Neste senso, houbo ofertas especiais e descontos en pubs, hoteis, pensións e casas de turismo rural de case unha trintena de establecementos hostaleiros das localidades de Bóveda, Chantada, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, O Saviñao e Sober. Ademais, un programa de actividades que se desenvolveron nas fins de semana dende o 7 de marzo axudou a dinamizar turisticamente a zona convocando a visitantes de proximidade, pero tamén a outros de concellos máis afastados. Este pasado sábado, 21 de marzo, tivo lugar o V Aquelarre das Meigas, evento que contou con moita participación polas rúas de Monforte.

Nesta xornada dedicada ás Meigas, pola mañá houbo unha visita guiada que percorreu os miradores de Santiorxo e Cadeiras, a igrexa de Pinol e a bodega O Cruceiro. Despois fíxose un xantar e pola tarde obradoiros infantís que entretiveron aos máis pequenos e ás máis pequenas da casa ao tempo que deron un pequeno respiro aos pais e ás nais. E xa cara a noitiña, o desfile e concurso de Meigas, acompañados de batucada, deron un ambiente especial ás rúas do centro de Monforte e á Praza de España. Para rematar, houbo unha Noite Meiga na Praza de Abastos con música en directo a cargo de Lorena do Val e o seu pianista Manuel Arroyo.

Visita das Meigas á Ribeira Sacra. Foto: Apehl.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recibiu na Praza de España ás participantes do V Aquelarre das Meigas, que despois do desfile chegaron á Praza de España arredor das 21.00 horas. Entre elas, a Tenente Alcalde, Gloria Prada, que como en anos anteriores, participou activamente nesta xuntanza.

O Alcalde, que estivo acompañado polo Concelleiro de Servizos, José Luis Losada e da Concelleira de Muller, Igualdade e Comercio, Regina López, destacou que esta actividade “ten todo o apoio do Concello de Monforte porque dinamiza a economía local e enche de ambiente as rúas da nosa cidade”. Ademais, e para rematar, recoñeceu e agradeceu a gran labor das Meigas organizadoras: “Tedes moito que ver no éxito deste evento que vemos medrar ano tras ano. Co voso traballo, este Aquelarre é mellor cada edición e un importante reclamo de visitantes para Monforte”, dixo.

Presenza do Alcalde, acompañado polo concelleiro José Luis Losada, e a concelleira Regina López. Foto: Concello de Monforte.
ORGANIZACIÓN, PATROCINIO E COLABORADORES

Este evento é unha iniciativa da Apehl que conta co patrocinio da Deputación Provincial de Lugo e coa colaboración dos Concellos de Monforte de Lemos, Quiroga, Sober e A Pobra do Brollón, do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, do Centro do Viño da Ribeira Sacra. Ademais, tamén colaboran a adega Val do Frade, En Lá, o Salón de Beleza María, a Floraría Flor e Fauna, Manuela Fuentes, e o Centro Comercial Urbano de Monforte.

Dende a organización agradecen o apoio das institucións e das empresas privadas.

ÚLTIMAS

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...