Homesociedade118.000€ para a mellora do firme de varios tramos de tres vías...

118.000€ para a mellora do firme de varios tramos de tres vías provinciais no Saviñao, Pantón e Monforte de Lemos

A Deputación de Lugo vén de iniciar as obras de mellora do firme en diferentes tramos de tres vías ao seu paso polos concellos do Saviñao, Pantón e Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A institución provincial inviste 118.000€ nestas obras que executa a empresa FEVISA Vía e Obras SL. O proxecto abrangue actuacións de mellora do firme e da sinalización horizontal nas estradas LU-P-4102, LU-P-3202 e LU-P-3208, tres vías de relevancia para a mobilidade da zona sur da provincia e para a conexión entre parroquias e núcleos de poboación da Ribeira Sacra.

No caso da LU-P-4102, que comunica Ferreira con Currelos e enlaza a N-120 coa LU-611 á altura de Escairón, a Deputación actúa na mellora de preto dun quilómetro de firme a partir do punto quilométrico 12. Ademais, nesta mesma vía, pertencente ao concello do Saviñao, procederase á reposición das marcas viarias entre os puntos quilométricos 6,165 e 11,020, desde o límite intermunicipal ata a zona da Páxara, no cruzamento co corredor.

O proxecto contempla tamén a rehabilitación por tramos da LU-P-3202, estrada que conecta os concellos de Monforte de Lemos e O Saviñao polo lugar de Currelos, na parroquia de Vilaesteva. Nos últimos seis anos, a Deputación leva investidos preto de 732.000€ na renovación integral desta infraestrutura, considerada fundamental para as comunicacións da zona sur da provincia. As actuacións complétanse coa mellora da LU-P-3208, que une Seoane con Pol pasando por Cinsa, reforzando unha vía de uso habitual pola veciñanza da contorna.

ÚLTIMAS

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...