HomesociedadeNovas paradas no horario de mañá do Alvia de Lugo, en Sarria...

Novas paradas no horario de mañá do Alvia de Lugo, en Sarria ás 5:44h e en Monforte ás 6:10h

Renfe modifica o horario do Alvia de Lugo para mellorar a conexión Galicia-Castela e León-Madrid de primeira hora da mañá. A compañía adianta a saída do tren que conecta coa capital ás 5:18h e ofrece novos horarios matinais para a mobilidade de galegos e casteláns e leoneses, con parada na Gudiña ás 7:44h e en Sanabria AV/AV ás 8:04h

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Renfe vén de modidicar o horario do Alvia Lugo–Madrid, que saía da capital lucense ás 11:15h, e adiántao ás 5:18h, o que supón unha nova oferta madrugadora para mellorar a conexión entre Galicia, Castela e León e Madrid. Para optimizar a oferta da alta velocidade deste corredor, Renfe reorganizará tamén outros servizos da conexión Galicia-Madrid.

O adianto do Alvia ás 5:18h permitirá aos lucenses viaxar a Madrid e regresar no mesmo día, ademais de ofrecer unha nova opción de mobilidade madrugadora para os viaxeiros de estacións intermedias como A Gudiña ou Sanabria AV. Desta forma, Renfe reforza a conexión territorial e maximiza a eficiencia operativa do servizo Galicia-Castela e León-Madrid.

O servizo de Lugo manten as paradas habituais do seu percorrido en Galicia, con cambios horarios: ás 5:44h, en Sarria; ás 6.10, en Monforte de Lemos; ás 6.52 en Ourense e ás 7:44h, na Gudiña. En Castela e León segue con paradas en Sanabria AV ás 8:04h, Zamora ás 8.39h e Medina del Campo ás 9:13h. A chegada a Madrid está prevista ás 10:13h.

Este axuste horario permitirá unha mellor mobilidade de primeira hora da mañá, permitindo aos lucenses viaxar a Madrid en horario de mañá e regresar no mesmo día, para poder atender as viaxes para xestións laborais ou administrativas. Á súa vez, Renfe dá outra opción matinal ao total das estacións intermedias, facilitando a viaxe neste tren madrugador aos viaxeiros da Gudiña, en Galicia, e das estacións do percorrido en Castela e León, onde Renfe ofrecerá horarios de primeira hora aos sanabreses para chegar a Zamora antes das 9 da mañá, fronte ao horario actual que era moi pouco utilizado.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...