HomesociedadeDistintivo ao mérito turístico dos Camiños de Santiago para a Deputación de...

Distintivo ao mérito turístico dos Camiños de Santiago para a Deputación de Lugo

A Gran Placa ao Mérito Turístico recolleuna a Deputada de Cultura, Pilar García Porto, nun acto celebrado en Xantar

Publicado o

- Advertisement -

A Orden del Camino de Santiago, formada por máis de 1.200 Cabaleiros e Damas escollidos entre personalidades do eido cultural, político, social, empresarial… entregou a súa condecoración á Deputación de Lugo pola importancia territorial e influencia que a provincia aporta aos Camiños de Santiago.

A provincia de Lugo conta con máis de 800 km de itinerarios xacobeos que discorren por 30 dos seus 67 concellos. Practicamente, a metade do territorio lucense está atravesado por algunha das 4 rutas xacobeas recoñecidas oficialmente -Camiños do Norte, Primitivo, Francés e de Inverno-, ademais da do Mar, investigada e documentada. Os camiños xacobeos constitúen un importante impulso económico e cultural para esta provincia..

Para acadar maior dinamización das rutas xacobeas, no 2016 a Deputación constituíu, a primeira Mesa Provincial dos Camiños de Santiago facéndoa participativa e multidisciplinar; vén de promover un FAMTRIP polo Camiño do Norte, no que participaron 16 axentes e xornalistas especializados en viaxes para coñecer os atractivos naturais, históricos-culturais e gastronómicos desta ruta xacobea. Do 10 ao 12 de febreiro, a Deputación participará en Compostela cun stand propio no importante encontro internacional FAIRWAY, o III Forum do Camiño de Santiago.

ÚLTIMAS

Marta Marqués e Alberto Fidalgo, campións galegos de Marcha Nórdica

Manzaneda acolleu o pasado 3 de outubro a 2ª Copa Galega de Marcha Nórdica,...

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...