HomeEconomíaA Xunta destina 1,5M€ á conservación da contorna paisaxística na Ribeira Sacra

A Xunta destina 1,5M€ á conservación da contorna paisaxística na Ribeira Sacra

En 2025 e ao abeiro das axudas para a conservación e loita contra a erosión de viñedos, resultou beneficiaria unha superficie de arredor de 810 hectáreas e preto de 800 viticultores

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Goberno galego destina 1,5M€, este 2026, á conservación da contorna paisaxística e á loita contra a erosión de viñedos na Ribeira Sacra. Durante unha visita á sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeira Sacra, dos deputados autonómicos, Katy Varela, Raquel Arias e Juan Casares, salientaron a importancia desta achega, xa que, entre os seus obxectivos, está o de preservar todo este ámbito e evitar a desaparición dos socalcos de pedra. Segundo dixo Katy Varela, este tipo de cultivo da vide, tradicional da Ribeira Sacra, contribúe de forma moi significativa á singularidade paisaxística desta zona que aspira a ser declarada Patrimonio Mundial da UNESCO.

Ao abeiro desta liña de axudas, o Goberno galego pon a disposición dos viticultores, de xeito individualizado e como máximo, unha achega de 2.000€ por hectárea para o sistema de cultivo tipo 1, zonas con socalcos de pedra e onde o traballo se realiza de forma non mecanizada; e de 1.000€ por hectárea para o tipo 2, o que se leva a cabo de forma mecanizada. En 2025, resultaron beneficiarios 794 viticultores e unha superficie de arredor de 810 hectáreas, das cales 519 hectáreas correspondentes co sistema de cultivo tipo 1, e 291 hectáreas co de tipo 2″Esta liña de axudas, xunto con outras como as de promoción da calidade dos viños ou as de reestruturación de viñedos, demostran a sensibilidade da Xunta co sector vitivinícola galego, que achega o 1,4% do PIB da nosa Comunidade”, subliñou Juan Casares. E é que, tal e como explicou, este sector xera un Valor Engadido Bruto duns 890 millóns de euros anuais e mantén o 1,5% do emprego, contabilizando tanto os postos de traballo directos coma os indirectos.

Esta denominación de orixe é unha das cinco protexidas que posúe Galicia. Na actualidade, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Ribeira Sacra ampara unha superficie produtiva dunhas 1.253 hectáreas -das cales arredor de 900 practican o sistema de cultivo en terrazas ou socalcos-, correspondentes a preto de 1.878 viticultores e 93 adegas certificadas. Na vendima de 2025, este selo de calidade recolleu algo máis de 4,6 millóns de quilogramos de uva, o que amosa a súa posición destacada no sector.

Segundo salientou Raquel Arias, o sector vitivinícola é “un motor económico fundamental para o desenvolvemento do territorio da Ribeira Sacra”. Unha actividade –engadiu- que non só favorece o asentamento da poboación, senón que “abre expectativas de futuro para as xeracións máis novas”.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...