Homesociedade50.000€ na renovación do firme das rúas Lagares e Santa Clara en...

50.000€ na renovación do firme das rúas Lagares e Santa Clara en Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, supervisou esta semana, as obras de renovación do firme nas rúas Lagares e Santa Clara, no centro urbano da cidade. As máquinas traballaron durante todo o día na colocación da capa de rodadura para completar o asfaltado nas dúas vías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A execución do proxectos adxudicóuselle por concurso á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. cunha inversión total que suma 51.753,25 euros. As obras comezaron na rúa Santa Clara que presentaba un asfalto deteriorado debido ao paso do tempo e o tráfico que soporta, polo que se aconsellaba unha actuación completa de rexeneración. A actuación comprende unha lonxitude de 220 metros, cun ancho medio de 6,10 metros, e inclúe o fresado completo da vía e colocación de nova capa de rodadura de aglomerado en quente ata un espesor de 5 cm. Nos próximos días levarase a cabo o pintado de marcas viais, símbolos e cebreados. Neste caso, o orzamento ascende a 25.542,22 euros.

No que respecta á rúa Lagares, as obras  teñen un orzamento de 26.211,03 euros. Esta actuación supón a mellora do firme, que presentaba signos de deterioro, polo que procedeuse a unha actuación completa de rexeneración. Os traballos desenvólvense nunha lonxitude total de 220 metros, cun ancho medio de 5,97 metros.

O proxecto, semellante ao da rúa Santa Clara, contempla o fresado completo da vía e colocación dunha nova capa de rodadura de aglomerado quente ata un espesor de 5 centímetros. Estes traballos complétanse hoxe, polo que nos próximos días procederase ao pintado de marcas viais, símbolos e cebreados.

O alcalde, José Tomé, sinala que “coa adxudicación destes novos proxectos continuamos co desenvolvemento do programa de mellora de infraestruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas dende 2015, e que suporá unha moi significativa mellora nestas rúas do Concello”.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...