Homesociedade“Unha das mellores festas de recreación histórica do noroeste peninsular”, José Tomé,...

“Unha das mellores festas de recreación histórica do noroeste peninsular”, José Tomé, alcalde de Monforte

A XXII Feira Medieval de Monforte deu comezo este sábado 4 de abril co saúdo do Alcalde e un gran ambiente nas rúas que recrean o medievo do casco histórico da cidade.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

Gran ambiente no primeiro día da XXII Feira Medieval de Monforte coas rúas do casco histórico ateigadas de xente caracterizada e visitantes que gozaron das distintas actividades de recreación medieval e da animación musical.

A inauguración oficial, ás 12:00 h., contou coa xa tradicional salva de artillería disparada coa réplica dunha bombarda do século XIV, unha alborada de lume e o saúdo do Alcalde, José Tomé Roca, en formato de lectura de pergamiño medieval abriron esta mañá na Praza de España. No acto acompañaron ao Alcalde a Tenente Alcalde, Gloria Prada, e as Concelleiras e Concelleiros de Sanidade, Pilar Espinosa; de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada; de Cultura, Marina Doutón; de Deportes, José Manuel Mougán; de Muller, Igualdade e Consumo, Regina López, e de Medio Ambiente, Miguel Tomé. Ademais doutras autoridades e representantes das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

O Alcalde deu a benvida a toda a veciñanza e visitantes a unha nova edición da Feira e animou a todos e todas a desfrutar dunha festa que “celebra a nosa historia e o noso pasado medieval, a raizame do que hoxe somos”. Un evento, dixo, “único e singular que, grazas a vosa implicación, é hoxe un referente no calendario festivo da Semana Santa, e unha das mellores festas de recreación histórica do noroeste peninsular”. Tendo en conta a esta traxectoria como evento histórico lembrou que o concello segue á espera da declaración de “Feira de Interese Turístico de Galicia”.

Saúdo do Alcalde. Foto: Concello de Monforte.
REFERENCIAS HISTÓRICAS

Tomé Roca, volvendo atrás no tempo, destacou que Monforte, co Castelo de San Vicente e o seu recinto amurallado, foi un “enclave estratéxico da Galicia Medieval”, e lembrou que xa no ano 1104 “os Condes de Galicia concedéronlle a Froila Díaz e a súa dona Estefanía Sánchez, Señores de Lemos, a refundación de Monforte, autorizando a celebración de feiras para sentar poboación”.

Outra das referencias históricas remóntase aos tempos dos VII Condes de Lemos, “que organizaron xogos con batallas de cabaleiros como as Xustas que hoxe e mañá poderemos desfrutar no campo de terra dos Escolapios”, referiu o rexedor monfortino.

PROGRAMA PARA ESE DOMINGO 5 DE ABRIL

Para coñecer o programa con detalle por actividade e horarios deste último día de Feira Medieval pódese acceder a través da páxina web do Concello de Monforte.

Ambiente dunha das rúas do casco histórico. Foto: Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...