HomesociedadeMonforte reparte 3.200€ en premios na Feira Medieval máis multitudinaria

Monforte reparte 3.200€ en premios na Feira Medieval máis multitudinaria

A Feira Medieval de Monforte despediu este domingo a súa XXII edición cunha xornada chea de actividades festivas e culturais de recreación histórica na que, novamente, as rúas e prazas da cidade estiveron ateigadas de xente que desfrutou dunha fantástica viaxe ao pasado medieval.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No marco do programa, este domingo pola tarde entregáronse os premios dos concursos de traxes medievais e decoración de balcóns e establecementos convocados polo Concello de Monforte co obxectivo de dinamizar e potenciar a participación neste evento. Establecíanse tres certames independentes aos que se destina unha contía máxima de 3.200€: X Concurso de Decoración de Balcóns, o XI Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros, e o XIII Concurso de Traxes Medievais.

Na tarde deste domingo, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado da Tenente Alcalde, Gloria Prada, fixo entrega dos premios e agradeceu a participación de todos os inscritos e felicitou aos gañadores. A finalidade destes concursos, indica Tomé Roca, “é animar aos monfortinos e as monfortinas, así como aos visitantes a implicarse na Feira Medieval e ser protagonistas activos da mesma, xa que a súa colaboración é unha parte fundamental do éxito que acadamos ano tras ano con esta

No X Concurso de Decoración de Balcóns tanto a temática como o deseño da decoración teñen que ser acordes coa época medieval, e na valoración tivéronse en conta criterios como a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados.

  • 1º PREMIO (200€): Local social A Pinguela, a cargo da Asociación Veciñal A Pinguela.
  • 2º PREMIO (150€): AFAMON, Asociación de familiares de persoas con Alzheimer, rúa Doctor Casares.
  • 3º PREMIO (100€): José Antonio Dávila Rodríguez. Ribasaltas.
  • Accésit (50€): Asociación Española Contra o Cancro de Monforte. Cardeal, 15.

No XI Concurso de Decoración de Establecementos Comerciais e Hostaleiros, o obxectivo é premiar aos establecementos de Monforte coa mellor ambientación medieval, e así incentivar a participación dos sectores do comercio e da hostalaría na ambientación e nos actos organizados para a Feira Medieval. Valorouse a imaxinación, a idea, a estética, a orixinalidade e os materiais utilizados.

  • 1º PREMIO (300€): Carpe Diem.
  • 2º PREMIO (200€): Chuladas y más.
  • 3º PREMIO (100€): O Salgueiral.
  • Accésit (50€): Liliana Margarita.
  • Accésit (50€): Pizzería Versalles.

O obxectivo do XIII Concurso de Traxes Medievais é premiar os mellores traxes medievais que luzan os participantes inscritos, e así incentivar tanto nos monfortinos e nas monfortinas coma nos visitantes, a participación e a ambientación nos actos organizados con motivo desta festa de recreación histórica.

Feira Medieval 2026 / Concello de Monforte

ADULTOS:

  • Individual:
  • 1º PREMIO (100€): Julita Berreiro Cano.
  • 2º PREMIO (75€): Rebeca Galván Segura.
  • Parellas (2 compoñentes):
  • 1º PREMIO (200€): Montserrat Varela Ons e Asier Castro Varela-Ons.
  • 2º PREMIO (175€): Esther Fraile Hernández e Raúl Pérez Hernández.

INFANTIL (ata 12 anos):

  • Individual:
  • 1º PREMIO (100€): Sol Galván Segura.
  • Parellas (2 compoñentes):
  • 1º PREMIO (150€): Mateo e Leo Díaz Uceira.
  • 2º PREMIO (100€): Ana e Elisa López Pérez.

Trala entrega de premios, continuou o programa de actividades co desfile do Gran Dragón polas rúas do burgo medieval e o espectáculo Vulcano, unha actuación de danza e lume na Praza de San Antonio que pechou a edición máis multitudinaria da Feira Medieval de Monforte. O rexedor destaca que a celebración “levouse a cabo sen ningún tipo de incidencia salientable, o que é moi importante tendo en conta que foi multitudinaria, con milleiros de persoas, tanto de Monforte como de visitantes, que encheron a cidade”. Neste senso, Tomé Roca quere agradecer a implicación da veciñanza na celebración que se desenvolveu acompañada dunha excelente climatoloxía: “Acompañou o tempo e acompañaron os monfortinos e monfortinas que se implicaron co evento saíndo cos traxes de época e participando de todas as actividades que tiñamos programadas”, indicou.

Espectáculos como as xustas de cabaleiros no campo de terra dos Escolapios, os pasarrúas con música e personaxes fantásticos, as actuacións na Praza de España ou desfile do Gran Dragón acadaron unha importante afluencia de público, con especial mención ao desfile de antorchas e solta de faroliños en San Vicente. “A xornada do sábado foi espectacular desde o momento da inauguración pola mañá ata a noite, que pechamos coa solta dos faroliños en San Vicente, que ademais foi un acto tremendamente emotivo e moi bonito”, indica o Alcalde. “Tamén o domingo foi moi especial, con animación de rúa que mantivo moi bo ambiente durante toda a xornada”, engade.

“Un éxito como o que acabamos de vivir non fai mais que animarnos a continuar traballando por Monforte e por esta Feira Medieval que ten máis que merecida a declaración de Feira de Interese Turístico Galego, consideración que agardamos celebrar na próxima edición que será a número 23”, conclúe o alcalde.

Faroliños San Vicente Medieval 2026 / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Monforte acolle o 18 de abril a final do Campionato Galego Feminino de Vólei Cadete

Monforte xa foi sede os días 28 e 29 de marzo das Finais do...

Courel Vivo leva a pleno actuar con urxencia ante as mimosas

A formación política lembra varias actuacións illadas, maioritariamente de voluntariado e asegura que desde...

Destinos no sur lucense no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa da Deputación Coñece a túa provincia está permitindo esta semana que unhas...

As Comadres das Letras preséntanse este 16 de abril no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Varias representantes de "As Comadres das Letras" presentarán o seu colectivo de escrita cun...