HomesociedadeMáis de 2.400 persoas viaxaron esta Semana Santa nos catamaráns da Deputación

Máis de 2.400 persoas viaxaron esta Semana Santa nos catamaráns da Deputación

- O bo tempo animou aos visitantes a desfrutar deste servizo público, que a institución provincial volverá reforzar na ponte do 1 de maio pola festividade do Traballo. As persoas interesadas poden adquirir os seus billetes en reservas.rutasembalses.es

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Máis de 2.400 persoas participaron esta Semana Santa nas rutas fluviais que a Deputación de Lugo opera pola Ribeira Sacra. O bo tempo favoreceu a participación dos visitantes nos percorridos polo curso dos ríos Miño e Sil entre o 29 de marzo e o 5 de abril. A institución provincial mantivo en funcionamento as tres embarcacións de xeito ininterrompido desde o luns 30 de marzo ata o domingo 5 de abril.

Na ruta que parte do embarcadoiro de Ponte do Sil, o catamarán Mencía e o monocasco Canon do Sil realizaron viaxes en horario de mañá e tarde. E desde o embarcadoiro de Belesar, o catamarán Pelegrín partiu todos os días ás 11:30 e ás 16:00 horas.

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, destacou que “un ano máis, durante a Semana Santa, as nosas rutas fluviais pola Ribeira Sacra contaron cunha moi boa acollida, un claro reflexo da calidade deste servizo público e do seu impacto na dinamización económica, social e turística da comarca”.

Subliñou que “este é un ano clave para a Ribeira Sacra, coa súa candidatura a Patrimonio da Humanidade, unha iniciativa que a Deputación apoia con firmeza e compromiso. O noso impulso a estas rutas fluviais demostra que estamos decididos a poñer en valor os recursos do noso territorio, a fortalecer o sector turístico e a garantir que a Ribeira Sacra siga crecendo como referente de patrimonio, cultura e desenvolvemento sostible”.

Durante o resto de abril, o catamarán Mencía navegará de mércores a domingo, en horario de mañá e tarde, pola ruta Canón do Sil, e no caso de Cabo do Mundo haberá viaxes nos fins de semana tamén en horario de mañá e tarde. A institución provincial reforzará os horarios en ambas rutas na ponte do 1 de maio pola festividade do Traballo. As persoas interesadas poden adquirir os billetes na web: reservas.rutasembalses.es.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...