Homesociedade17.745€ para obras de mantemento no cárcere vello de Monforte

17.745€ para obras de mantemento no cárcere vello de Monforte

A Xunta de Goberno acordou na sesión deste luns adxudicar os traballos á empresa Nature Infraestructuras y Servicios S.L., por un importe de 17.745,28 euros e un prazo de execución de 2 meses

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O edificio do Cárcere Vello, situado na rúa Santo Domingo, dentro do conxunto histórico de Monforte someterase a obras de reforma durante os próximos meses. O inmoble, que ocupa unha parcela aproximada de 285 m2, é de titularidade municipal e na actualidade utilízase como sede para diversas asociacións e actividades administrativas do Concello.

A reforma prevista ten por obxecto eliminar filtracións de auga procedentes da cuberta e da carpintería exterior. O contrato contempla a mellora do selado e imperbeabilización das dúas lucernarias da terraza, así como o selado, lixado e barnizado da carpintería exterior. Unha vez eliminadas as entradas de auga, procederase ao pintado do interior da edificación.

Con este traballos, apunta o Alcalde, “conseguiremos unhas instalacións reformadas, que proporcionen unha mellor calidade no servizo”.

ÚLTIMAS

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...