HomesociedadeMonforte celebra o Martes de Pascua coa renovación dos votos á Virxe...

Monforte celebra o Martes de Pascua coa renovación dos votos á Virxe de Montserrat

Monforte celebrou no Martes de Pascua unha das súas festividades locais, na que se celebran actos de honra á Virxe de Montserrat, patroa da cidade. O Alcalde, José Tomé Roca, encabezou a comitiva institucional, na que participaron concelleiros e concelleiras do Equipo de Goberno, ademais de autoridades e representantes das distintas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comitiva partiu da Casa do Concello arredor das 10.30 horas para asistir, ás 11.00h, á misa na honra da Virxe de Montserrat, na Igrexa de San Vicente do Pino. A Eucaristía foi presidida polo Vicario de Pastoral do Obispado  de Lugo, Luis Manuel Rodríguez Pérez, e polo párroco monfortino, Rafael Mella e contou, como é tradición coa presenza das camareras da Virxe e membros da súa confraría.

Trala celebración eucarística, tivo lugar a procesión coa imaxe da Virxe, que este ano, debido ao vento e a posibilidade de chuvia, realizouse polo adro da igrexa de San Vicente. Tralo percorrido, o alcalde renovou os votos coa Patroa da cidade e procedeuse á tradicional bendición dos campos, para regresar novamente ao interior do templo.

 “Dende que eu son alcalde, comprometinme a manter esta importante tradición dos monfortinos e monfortinas na honra á nosa Patroa, a Virxe de Montserrat, e así fixen este Martes de Pascua, no que renovei os meus votos e comprometinme a seguir celebrando tanto esta festividade como a do 15 de agosto, Día da nosa Patroa”.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...