HomesociedadeFormación sobre liderado e competencias dixitais en Monforte

Formación sobre liderado e competencias dixitais en Monforte

Os talleres, especialmente pensados para persoas migrantes pero nos que poden participar tamén outras persoas interesadas, desenvolveranse os días 20, 22 e 23 de abril na Aula CeMIT, situada no Edificio Multiusos de Monforte.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A Fundación ‘Acción contra el Hambre’ organiza un ciclo gratuíto de obradoiros centrados no liderado e no desenvolvemento de competencias dixitais. As sesións, programadas para os días 20, 22 e 23 de abril terán lugar na Aula CeMIT, ubicada no Edificio Multiusos da cidade de Monforte, en horario de 9:30 a 14:00 h.

Esta proposta formativa está especialmente dirixida a persoas migrantes, co obxectivo de fortalecer as súas habilidades persoais e dixitais, favorecendo así a súa integración social e mellora das oportunidades laborais. Non obstante, a actividade tamén está aberta á participación doutras persoas interesadas.

Ao longo das diferentes sesións abordaranse contidos relacionados co liderado persoal, a xestión emocional e o uso de ferramentas dixitais clave no contexto actual, tanto enfocadas ao emprego como á relación coas administracións.

Esta actividade enmárcase no proxecto Comunidades de dinamización e emprego inclusivo: Novas ruralidades, desenvolvido pola Fundación Acción contra el Hambre e no que colabora a Fundación “La Caixa”.

INSCRICIÓNS

Para inscribirse pódese chamar ao teléfono 616515455, enviar un correo electrónico ao enderezo iniglesias@accioncontraelhambre.org ou a través dun formulario virtual.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...