HomesociedadeA FEARS presenta alegacións contra a nova ponte no Malecón de Monforte...

A FEARS presenta alegacións contra a nova ponte no Malecón de Monforte e denuncia afeccións patrimoniais na Ribeira Sacra

A Federación de Asociacións da Ribeira Sacra (FEARS) denuncia que nesta primavera producíronse no ámbito dos Concellos que compoñen o BIC Ribeira Sacra unha serie de atentados contra o Patrimonio e actuacións contrarias aos valores e espírito que, na teoría, debe guiar os bens declarados Patrimonio Mundial

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo FEARS en Escairón (O Saviñao), vaise instalar unha pérgola a xeito dunha estrutura fixa de pedra e con cobertura de pizarra, “unha obra innecesaria, como xa o era a actual carpa, nunha contorna de alto valor ecolóxico como é a devesa”. Asemade, vaise substituír o valado de madeira por un de granito.

En Parada de Sil, na contorna de Santa Cristina, fíxose unha canalización que destruíu parte do camiño histórico de Castro ao mosteiro, a pesar de ter unha alternativa pola estrada. “O compromiso do Concello é teoricamente retornar o camiño ao seu estado orixinal, pero xa se produciu unha alteración habendo outras opcións, amosando, unha vez máis, o desprezo polas sendas históricas, como sucedera en San Pedro de Rocas, ou como sucede continuamente nas destrucións de muros de pedra seca por mor da actividade madeireira”, apuntan.

En Monforte, a Federación asegura que se promove unha ponte para o tránsito rodado na zona do Malecón, no río Cabe. “A necesaria conversión da ponte vella en peonil utilízase para impulsar unha infraestrutura moi agresiva coa contorna do río, que suporá a destrución de árbores e a ruptura da paisaxe nunha zona tan emblemática coma o Malecón”, afirman. Fronte a tendencia á humanización dos cascos históricos, apóstase pola cultura do coche nun espazo histórico e ambiental central para Monforte.

O proxecto de ponte afecta ás contornas do BIC casco antigo de Monforte, da muralla e torre, así como a convento de Santa Clara e ao barrio de Ramberde, e unha afectación directa ao trazado do Camiño de Inverno. “É un proxecto innecesario – igual que o é a fonte do parque da Compañía -, habendo alternativas para a peonalización da ponte vella”. Por todo isto, a FEARS acompaña aos colectivos de oposición á ponte do Malecón presentando alegacións a este proxecto.

Estes casos como o proxecto de baterías Belesar I e Belesar II na parroquia chantadesa de Pesqueiras foron expostos nunha carta que a Federación enviou á UNESCO hai meses. “Os discursos triunfalistas van por un lado e a realidade do Patrimonio por outro”, conclúen.

Camiño en Parada de Sil / FEARS

ÚLTIMAS

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...