HomesociedadeO Ferrari do Rally do Comercio protagoniza do 27 de abril ao...

O Ferrari do Rally do Comercio protagoniza do 27 de abril ao 12 de maio a nova campaña do CCU de Monforte

O Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte pon en marcha a "Experiencia Ferrari en Monforte 2026", unha das súas propostas máis destacadas, coa que o comercio local busca volver sorprender á clientela cunha experiencia única: a posibilidade de conducir un Ferrari F430 F1 en estrada aberta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A campaña desenvolverase entre o 27 de abril e o 12 de maio, período no que a clientela poderá participar rexistrando os seus tickets de compra na aplicación web habilitada para a campaña: www.experienciasccumonforte.com

Cada participante contará cunha “Cesta da Compra” na que se irán acumulando os importes das súas compras, xerando así diferentes opcións para acceder ás experiencias.

Nesta edición repartiranse un total de 8 experiencias de condución, que se poderán conseguir de tres formas diferentes: as 5 “cestas da compra” de maior importe obterán o premio de forma directa; entre o resto de participantes que cumpran os requisitos establecidos nas bases sortearanse 2 experiencias adicionais; e, finalmente, haberá unha última oportunidade o sábado 16 de maio mediante un sorteo en directo.

A xornada principal da campaña terá lugar precisamente ese sábado 16 de maio, día no que as persoas premiadas poderán vivir en primeira persoa a experiencia de condución nun percorrido real por estrada, con saída e chegada en Monforte de Lemos. Máis alá do atractivo propio do Ferrari, a iniciativa busca introducir un compoñente de ilusión, exclusividade e sorpresa dentro da actividade comercial habitual, ofrecendo unha motivación engadida para mercar no comercio local.

Ángel Folgueira, xerente do CCU de Monforte: “Esta proposta reforza a aposta por campañas innovadoras, capaces de xerar ambiente nas rúas, atraer público e seguir posicionando o comercio de proximidade como un sector dinámico e creativo”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...