HomesociedadeA Deputación comeza os traballos na estrada provincial de Següín aos Peares

A Deputación comeza os traballos na estrada provincial de Següín aos Peares

As obras comezaron coa reapertura de cunetas e inclúen o saneo da explanada, reparación de danos e repavimentación nos máis de 15 quilómetros que ten esta vía cun investimento da institución provincial que supera os 100.000€

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo vén de comezar os traballos para a rehabilitación integral da LU-P-4104, que conecta en Pantón, Següín cos Peares por Pombeiro. As obras afectan á totalidade do trazado desta vía -de 15,53 quilómetros de lonxitude- que transcorre polo termo municipal deste concello da Ribeira Sacra. Este proxecto da institución provincial conta cun orzamento que supera os 100.000€.

Os traballos, dos que se encarga a empresa Opaga 003 SL, comezaron estes días coa reapertura das cunetas e inclúen ademais o saneo da explanada, reparación de danos e repavimentación nos máis de 15 quilómetros que ten esta vía. Trátase dunha estrada moi importante que conecta a N-120 en diferentes puntos do seu trazado e dá servizo a varias capelas, como a Virxe das Neves ou a de San Antonio, e acceso a importantes puntos turísticos da contorna como o Miradoiro dos Peares; unha adega ou unha casa de turismo rural.

Con esta actuación tamén se mellora a mobilidade, o acceso a diferentes explotacións agrarias e a servizos básicos, favorecendo o desenvolvemento social e económico.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...