HomesociedadeAs emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Este mércores chega un novo Faladoiro ao Centro Social de Quiroga. O Faladoiro deste mes achegaranos ao mundos das emerxencias sanitarias. Será Xosé Ferrín, Técnico de Emerxencias Sanitarias o que se encargue de falarnos da súa importancia á hora de salvar vidas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o ano 1998, primeiro cubrindo a comarca de Quiroga e agora cubrindo a comarca de Lemos.

Durante o Faladoiro, Xosé Ferrín, dará a coñecer a importancia do seu labor e tamén consellos que poden salvar vidas. Para facer o espazo máis distendido tamén contará algunha anécdota das moitas que terá traballando neste servizo durante case dúas décadas.

O Faladoiro é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá. Moderado polo concelleiro Xosé Manuel Fernández lévase a cabo os derradeiros mércores de cada mes, ás seis da tarde, nas instalacións do Centro Social. Trátase dun espazo  aberto á veciñanza para a socialización, o coñecemento e a participación cidadá, onde tras unha breve presentación da persoa convidada, os participantes poden intervir con preguntas ou contando as súas propias experiencias.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...