Homesociedade3ª edición de 'Marida Maio', xornadas enogastroturísticas da Apehl na Ribeira Sacra

3ª edición de ‘Marida Maio’, xornadas enogastroturísticas da Apehl na Ribeira Sacra

Desenvolveranse no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos os xoves de maio, 14, 21 e 28. Avanzamos o contido das tres citas.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

A delegación sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) presenta a terceira edición do seu programa primaveral ‘Marida Maio’, unhas xornadas enogastroturísticas que buscan dinamizar e poñer en valor a Ribeira Sacra. Están patrocinadas pola Deputación de Lugo e desenvolveranse no Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos os xoves de maio, 14, 21 e 28.

ENCONTROS CON SECTORES DIVERSOS QUE DINAMIZAN A RIBEIRA SACRA

Como en anos anteriores, estas tres citas consistirán en presentacións dos viños das adegas participantes xunto cos petiscos de diversos establecementos hostaleiros; aos que tamén se unen empresas dedicadas ao mundo do patrimonio, da arte e do turismo para dar a coñecer os seus servizos.

As sesións, con asistencia libre e de balde, durarán ao redor dunha hora e media, desde o 19.30 h ata o 21.00 h, e estarán amenizadas con música en directo. En calquera caso, a organización dispón que os encontros se limiten a 30 persoas, co cal poderán acceder a esta experiencia aquelas que realicen unha inscrición previa no teléfono 982 412 050 ata completar o aforo devandito.

AXENDA DE XORNADAS ‘MARIDA MAIO’ 2026

A primeira cita celebrarase o xoves 14. Nela participarán a tenda Cova do Xacio, o restaurante monfortino Manuel Bistró, a Adega Ohmio, Restaurante Río Cabe–Hotel Cardenal. No apartado de Tradición, Arte e Patrimonio estarán o oleiro de Gundivós Elías González (Centro Oleiro Reitoral de Gundivós) e a Casa–Museo Genia Trigo.

O 21 de maio, estarán o establecemento monfortino Tributo–Capitol, as adegas Cruceiro e Alouviño, e a artesanía de Pilar Rodríguez de “En Lá”. Tamén estarán representados o Museo Lodeiro e o Catamarán Río Sil.

Para rematar, o xoves 28, estará no ‘Marida Maio’ o proxecto de turismo relacionado coas caravanas, Barvantia; a empresa Coureleando, especializada en visitas guiadas; o Hotel-Restaurante Hermida Rural, e as adegas Os Cipreses e Instinto Romano.

Marida Maio está patrocinado pola Deputación de Lugo e conta coa colaboración do Concello de Monforte de Lemos e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...