HomesociedadeO Bus Urbano de Monforte pechou o 2025 con 93.643 usuarios

O Bus Urbano de Monforte pechou o 2025 con 93.643 usuarios

O rexedor destaca que “estes datos demostran que a aposta pola gratuidade do transporte público, unha medida pioneira en Galicia e no conxunto do Estado, foi unha decisión acertada, que non só facilita a mobilidade da veciñanza, senón que tamén contribúe á sustentabilidade e á redución do uso do vehículo privado”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Bus Urbano de Monforte, que pechou o ano 2025 coas mellores cifras de viaxeiros da súa historia: 93.643 usuarios, 11.063 máis que en 2024, o que supón incremento anual do 13,4%. Este dato, afirma o rexedor, “confirma a tendencia ascendente do servizo de bus urbano e permítenos celebrar, sen lugar a dúbidas, o éxito dunha medida que transformou a mobilidade no noso municipio desde que no ano 2020 este Alcalde e este Equipo de Goberno apostamos de xeito pioneiro por implantar a gratuidade”.

En 2019, antes da posta en marcha do bus gratuíto, rexistráranse 14.422 usuarios. Xa en 2020, primeiro ano coa nova política, a cifra elevouse ata os 34.655. Desde entón, o incremento foi constante: 52.685 usuarios en 2021, 63.824 en 2022, 68.657 en 2023, 82.580 en 2024 e, finalmente, 93.643 en 2025. “Os datos son espectaculares e dan boa conta da excelente acollida deste servizo público e gratuíto que ofrecemos no Concello de Monforte e que aumenta ano a ano de maneira exponencial”, afirma o Alcalde: “Desde que implantamos a gratuidade en 2020, a cifra de viaxeiros medrou un 550%

No detalle mensual de 2025, destacan os meses de outubro, con 10.161 usuarios, e setembro, con 8.402, como os de maior demanda. Pola súa banda, maio (8.220) e xuño (8.262) tamén amosan cifras elevadas, consolidando o uso do transporte público en Monforte ao longo de todo o ano.

Os datos completos por meses son os seguintes: xaneiro (6.549), febreiro (7.578), marzo (7.427), abril (7.511), maio (8.220), xuño (8.262), xullo (7.397), agosto (6.811), setembro (8.402), outubro (10.161), novembro (7.990) e decembro (7.335). De media, o bus gratuíto rexistra 7.803 usuarios ao mes.

MesNúmero de viaxeiros 2024Número de viaxeiros 2025
Xaneiro5.6636.549
Febreiro4.8127.578
Marzo6.5647.427
Abril7.8097.511
Maio7.8418.220
Xuño6.4448.262
Xullo6.4157.397
Agosto5.8826.811
Setembro7.5128.402
Outubro8.51910.161
Novembro8.0507.990
Decembro7.0697.335
Total82.58093.643

O Bus Urbano municipal comezou o seu servizo no Concello de Monforte o 1 de febreiro de 2020. Trátase dun caso único en Galicia e practicamente en toda España xa que, ademais de contar cun vehículo novo, moderno, adaptado para persoas con mobilidade reducida ou con algunha discapacidade, e accesible a todos os cidadáns, o servizo destaca por ser de carácter gratuíto para todos os seus usuarios.

Neste senso, o Alcalde subliñou que “dende a posta en marcha do servizo, o novo bus urbano monfortino suscitou a atención doutras cidades e concellos de Galicia e tamén de numerosos medios de comunicación, non só da provincia, senón tamén do resto da Comunidade Autónoma e incluso do panorama nacional. Isto permítenos afirmar que Monforte é unha cidade pioneira en transporte público gratuíto”.

ÚLTIMAS

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...