HomesociedadeIV Certame Intercentros de Oratoria Improvisada no IES Río Cabe

IV Certame Intercentros de Oratoria Improvisada no IES Río Cabe

Foi a pasada semana e participaron perto de 80 alumnos e alumnas cun gran nivel de oratoria e improvisación. O xurado estivo composto por dous compoñentes da Asociación máis Debate de Lugo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Certame Intercentros de Oratoria Improvisada empezouse no ano 2015 no IES Río Cabe e no ano 2023 ampliáronse fronteiras propoñéndolle a participación ao IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e ao Martaguisela do Barco de Valdeorras. Logo de organizar os 3 centros unha edición, no ano 2025 decidiuse aumentar a participación e cada un dos tres centros puido convidar a outros dous. Na actualidade son 8 centros: os tres organizadores e ademais o CPI Ramón Piñeiro –A Pobra de San Xiao–, o IES A Pinguela –de Monforte–, o IES Carlos Casares –Viana do Bolo–, o IES Laxeiro-Lalín- e o IES de Quiroga. Neste 2026 o IES Río Cabe foi o encargado de organizar o concurso.

DINÁMICA DO CERTAME

Establécense tres categorías: A 1ª para 1º e 2º da ESO; a 2ª para 3º e 4º da ESO; e a 3ª para 1º e 2º BAC.

O certame organízase en tres fases:

1ª fase: Clasifícanse os tres mellores de cada grupo.

2ª fase: Clasifícanse os tres mellores de cada centro e categoría.

3ª fase. Nesta fase compiten, por categoría, os mellores de cada centro para  acadar os tres mellores da final intercentros por categoría.

IV CERTAME INTERCENTROS DE ORATORIA IMPROVISADA

No certame 2026, celebrado no salón de actos do IES Río Cabe o pasado 29 de abril e organizado polos departamentos de Dinamización Lingüística dos Centros e os Departamentos de Lingua Galega, participaron perto de 80 alumnos e alumnas. Todo o alumnado amosou un gran nivel de oratoria e improvisación e o xurado estivo composto por Gabriel Fernández e Laura Patiño, da Asociación máis Debate de Lugo.

Salón de actos do IES Río Cabe o día do concurso. Foto cedida.

GAÑADORES E GAÑADORAS

1ª: Para 1º e 2º da ESO: Anxo Valcárcel, Antón Nieves, Gabriel Álvarez.

2ª: Para 3º e 4º da ESO:, Verónica Caplea, Africa Guitán, Naiara Gonzalez.

3ª: Para 1º e 2º BAC.: Miguel Rois, Mario Prada, Laura Fernández.

No acto estiveron presentes a Directora Territorial da Provincia de Lugo, Sagrario Sánchez; a Deputada autonómica e membro do CE Escolar do IES Río Cabe, Kati Varela; o Inspector Luis Álvarez; e a Coordinadora provincial dos Equipos de Dinamización Lingüística na provincia de Lugo, Pilar Teijeiro.

A dirección do centro agradeceu o esforzo e dedicación do alumnado e do profesorado responsable da preparación do alumnado, o traballo de todas e todos aquelas e aqueles que tiveron responsabilidades organizativas e a presenza das autoridades.

VINDEIRA EDICIÓN

Para o vindeiro curso académico será o IES Xograr Afonso Gómez de Sarria o encargado de organizar o certame.

ÚLTIMAS

Sarria Bikers, a concentración moteira de Sarria celébrase do 15 ao 17 de maio

A Xunta renova o seu apoio á concentración moteira organizada polo club Sarria Bikers,...

Narración oral e homenaxe aos ‘Cómicos de Salcedo’ na Pobra do Brollón

O sábado 16 de maio a Casa da Cultura 'Olga Novo' acollerá ás 20:00...

“Luz de Fada”, a proposta dunha veciña do Saviñao anunciará as Patronais de Monforte

A proposta gañadora foi escollida entre un total de 40 traballos presentados, o dobre...

Nova xornada de concienciación “Gardiáns do Cabe”, promovida polo Club de Pesca Río Cabe

Este 14 de maio o Club de Pesca Río Cabe, coordinou unha nova xornada...