HomesociedadeO ensino público reivindica maior atención á diversidade e reducir as ratios

O ensino público reivindica maior atención á diversidade e reducir as ratios

A comunidade educativa galega volveu ás rúas este 6 de maio en defensa do ensino público, con mobilizacións tamén en Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Praza de España celebrouse ás 19:00h unha concentración integrada nunha acción simultánea en 25 localidades galegas e na que participaron sindicatos de ensino, profesorado, alumnado e familias. Durante a mobilización leuse un manifesto e distribuíuse un folleto baixo o lema “Polo ensino público: recuperar, reivindicar, recoñecer“, no que se denunciou o progresivo deterioro do ensino público.

A comunidade educativa reclamou medidas urxentes como a redución de ratios, o incremento de profesorado especialista, a recuperación do horario lectivo, a diminución da burocracia e unha maior atención da administración ás necesidades reais dos centros.

Participantes na mobilización como a CIG Ensino destacan que, “sen recursos nin cambios reais, o futuro do alumnado está en risco”, e fixeron un chamamento a unha defensa firme do ensino público.

CIG concentración ensino Monforte / CIG Ensino

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...