Homesociedade'Daveiga dálle á lingua': evento da empresa produtora das Mariñeiras para festexar...

‘Daveiga dálle á lingua’: evento da empresa produtora das Mariñeiras para festexar o Día das Letras Galegas

Terá lugar o 17 de maio nas instalacións da empresa chantadina e está dirixido ao persoal e ás súas persoas convidadas. O programa festivo, que se desenvolverá das 11 ás 15:00 h, inclúe literatura, pinchos e concertos musicais.

Publicado o

POR
XMF
- Advertisement -

O compromiso co galego da empresa Daveiga, creadora e comercializadora das populares galletas ‘Mariñeiras’, é de todas e todos coñecido. Pois ben, este ano vai máis alá tras anunciar a organización dunha xornada especial para festexar o ‘Día das Letras Galegas’ nas instalacións da compañía e dirixida ao persoal e ás súas persoas convidadas. O encontro festivo, bautizado como “Daveiga dálle á lingua” e que terá lugar o propio 17 de maio nas propias instalacións da empresa, terá un carácter interno e participativo co obxectivo de compartir cultura, lingua e gastronomía nun ambiente próximo e de convivencia.

COMPROMISO CO GALEGO

Desde a súa fundación no ano 2005, Daveiga mantén un compromiso firme e coherente coa lingua galega, empregándoa de forma natural e consciente en toda a súa comunicación corporativa, tanto interna como externa. Para a empresa, “o galego non é só un vehículo de expresión, senón unha parte esencial da súa identidade e do seu xeito de entender o territorio, o produto e as persoas. Esta celebración enmárcase nesa traxectoria de máis de dúas décadas apostando pola normalización lingüística desde o ámbito empresarial”.

PROGRAMA DE ‘DAVEIGA DÁLLE Á LINGUA’

A xornada dará comezo ás 11:00 horas cunha visita ao obrador, na que as persoas asistentes poderán coñecer de primeira man o proceso de elaboración das tostas de pan mariñeiras e as instalacións de Daveiga.

Ás 11:30 horas celebrarase un recital de poesía a cargo de Paco Ledo, Ana Gamallo e Ramón R. Porto. Durante este acto realizarase tamén un sorteo de libros de Begoña Caamaño, homenaxeada nas Letras Galegas 2026, así como exemplares das persoas autoras participantes no recital.

A partir das 12:30 horas, a música e a literatura darán paso a un espazo máis distendido con pinchos e vermú, coa participación de Vermús Lodeiros, e propostas gastronómicas propias da contorna de Arqueixal, Tres Fuciños, a queixería Airas Moniz e as empanadas de Panadería Feijóo. Ademais, contarase coa presenza de Chicha Lovers, quen ofrecerá os seus coñecidos bocatas de chicha.

A xornada continuará ás 13:00 horas cun concerto de Noite Atari, grupo emerxente de punk rock en galego, que achegará unha vertente máis contemporánea e reivindicativa á celebración.

MENSAXE DE DAVEIGA

Desde Daveiga destacan que esta iniciativa nace coa vontade de “celebrar a nosa lingua como acto de responsabilidade cultural vinculada ao territorio”.

Co permiso e respecto á figura de Celso Emilio Ferreiro, dende a xerencia recorren ao seu poema Deitado Frente ao mar para dicir que fan este evento…

“…. PORQUE SÍ, PORQUE NOS GOSTA,
PORQUE NOS PETA E QUEREMOS E DANOS A GAÑA
PORQUE NOS SAI DE DENTRO
…..”



ÚLTIMAS

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...

Queres que a túa idea se faga realidade? Recta final para participar no Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra segue buscando iniciativas de emprendemento e...

O Courel pedalea por Palestina

A cita do 17 de maio está promovida por We Rise como parte da...

Premio ao mellor deseño para o IES Daviña Rey na ‘Liga Make Drone 2025-26’

O IES Daviña Rey vén de participar na "Liga Maker Drone", un encontro competitivo...