HomeEconomíaO rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga...

O rural galego como motor industrial a debate no encontro que Cesuga organizou en Sober

O foro que promoveu desde o xoves o Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (CESUGA), no Áurea Palacio de Sober tiña como obxectivo crear un espazo de diálogo entre o rural e a industria para pensar o futuro de Galicia desde o territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita que reuniu a unha ampla representación de persoas vinculadas coa empresa, institucións, sector primario, sostibilidade e innovación, abordaron en distintas sesións a visión práctica orientada a activar oportunidades reais no interior galego. O “Encontro de Sober. Diálogos Rural e Industria” contou coa partipación entre outros do Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Vieites, o Presidente da Cámara de Comercio de Lugo, Jaime López Vázquez; o presidente de CESUGA, Venancio Salcines; a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González ou o delegado do Goberno, Pedro Blanco.

Desde a Xunta, Gómez subliñou que o novo modelo económico do rural galego “que estamos construíndo” pasa por integrar toda a cadea de valor, desde a produción ata a transformación, a comercialización e a distribución. E tamén por entender que o valor non está só no produto, senón en todo o que o rodea: o territorio, a innovación, o coñecemento e a capacidade de adaptarse aos mercados”.

Destacouse o valor da produción certificada e o traballo dos consellos reguladores como axentes claves nesa vinculación entre produto e territorio e na creación de industria asociada á calidade diferenciada. A produción certificada galega acadou o ano pasado os 746 millóns de euros, un 5,6 % máis que en 2024. Pola súa banda o conselleiro de Emprego anunciou durante o encontro, unha nova liña de axudas para rehabilitar vivendas unifamiliares o rural destinadas a traballadores/as de empresas locais. A iniciativa busca conectar vivenda e emprego para fixar poboación.

A este respecto o delegado do Goberno destacou ferramentas como os PERTE, “que están a transformar sectores enteiros, empezando polo agroalimentario, o corazón produtivo dos pequenos concellos”. Referiuse ao impulso de iniciativas de transición ecolóxica en Galicia, cunha mobilización de 124 M€ “que ten un impacto directo no emprego e no territorio, xa que rural e industria son as dúas caras do proxecto que o Goberno ten para a nosa Comunidade”.
 
Blanco apelou aos pequenos concellos como “espazos cheos de potencial” que o Goberno dinamiza “con decisións, investimento e impulso ás súas posibilidades”, con 4.500 millóns de euros en Galicia co Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. Defendeu a importancia de dotar de dereitos ao rural, “precísanse escolas, médicos, dixitalización e boas comunicacións. Os pequenos concellos teñen como mellor aliado ao Goberno para facer de Galicia un lugar onde se poida vivir no rural e do rural”.

Encontro Sober Cesuga / Concello de Sober

ÚLTIMAS

O IES Río Cabe de Monforte faise co 2º e o 3º posto na fase final do Parlamento Xove

A categoría de ESO formárona Estefanía Fernández Muñoz, Verónica Caplea, África Guitián García e...

Graduación do alumnado de Formación Profesional no IES Francisco Daviña Rey

Durante o acto de graduación celebrado no IES Francisco Daviña Rey tivo lugar a...

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...