HomeCulturaA Noite Meiga de Sarria recoñecida Festa de Interese Turístico de Galicia

A Noite Meiga de Sarria recoñecida Festa de Interese Turístico de Galicia

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, reuniuse este martes en Sarria co vicepresidente da asociación cultural Meigas e Trasgos, Iván Pereiro, e outros representantes do colectivo para felicitalos polo recoñecemento da Noite Meiga como Festa de Interese Turístico de Galicia, acordado o luns no Consello da Xunta.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A xuntanza contou coa participación da directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López Rodríguez, e serviu tamén para abordar algunhas liñas de traballo coas que emprender esta nova etapa.

Javier Arias destacou que a distinción “supón un salto cualitativo que impulsará a proxección do evento e reforzará a súa repercusión tanto cultural como turística”. Neste sentido, lembrou que o Goberno galego valorou a súa singularidade, resaltando que ten como epicentro unha danza propia creada pola fundadora da asociación, Carmela González Ruiz, baseada nunha lenda do pobo.

Meigas e Trasgos organiza esta cita desde hai máis de 50 anos; cada última fin de semana de agosto reúnen a milleiros de persoas nas distintas actividades propostas, sendo unha das principais iniciativas tractoras de turismo da vila.

Noite Meiga reunión Arias / Delegación territorial

ÚLTIMAS

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...