HomesociedadeA Deputación mellora estradas provinciais en Chantada cun investimento de 1M€

A Deputación mellora estradas provinciais en Chantada cun investimento de 1M€

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, supervisou este xoves en Chantada diferentes actuacións na rede viaria nas que a institución provincial inviste preto de 1M€.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A mandataria provincial comprobou o estado da LU-P-1801 que une a localidade cos Peares, onde a institución executa actuacións en diferentes puntos do trazado; e percorreu tamén dúas estradas provinciais nas que a contratación das obras está avanzada: a LU-P-1807 a Cartelos por Santa Uxía e a LU-P-1819, de Quizán das Peras a Mundín por Gordón.

Comezou supervisando parte da LU-P-1819, que se renova na súa totalidade cun investimento de 280.000€. Alí, xunto con técnicos provinciais, explicoulle á veciñanza o proxecto que se vai desenvolver. Na vía que une Chantada e Carballedo por Santa Uxía ata Cartelos, a LU-P-1807, a Presidenta inspeccionou o firme, que se acondicionará por algo máis de 250.000€, tamén en case todo o trazado. O primeiro dos proxectos está en fase de contratación e o segundo conta co contrato xa asinado con Fevisa Vías y Obras.

Carmela López finalizou a súa visita na LU-P-1801, de Chantada aos Peares por Nogueira. Esta estrada é moi importante para a comunicación entre a Ribeira Sacra, xa que por ela transitan numerosos vehículos a diario, acrecentándose na época estival. Neste caso mellórase un tramo de 23 quilómetros, desde Pincelo á altura do encoro dos Peares, en Carballedo. Ademais a institución provincial está a acometer unhas obras de reforzo dun muro no quilómetro 14,5 á altura da parroquia de Nogueira do Miño. O investimento completo das obras que se están a realizar supera os 600.000€.

A presidenta asegura que “estas actuacións reforzan conexións fundamentais entre parroquias, melloran a seguridade viaria e facilitan o acceso da veciñanza aos servizos públicos e á actividade económica, algo fundamental para contribuír a fixar poboación no rural”.

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...