HomesociedadeAberto ao tráfico o novo tramo da rúa Roberto Martínez Andrade en...

Aberto ao tráfico o novo tramo da rúa Roberto Martínez Andrade en Monforte

Desde este venres está aberto este novo tramo, unha actuación que permite conectar directamente as rúas Chantada e Santiago, mellorando a circulación nesta zona da cidade e eliminando o tapón urbanístico existente neste espazo

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde este venres está aberto este novo tramo, unha actuación que permite conectar directamente as rúas Chantada e Santiago, mellorando a circulación nesta zona da cidade e eliminando o tapón urbanístico existente neste espazo

A actuación consistiu na prolongación da rúa Roberto Martínez Andrade nun tramo de 57 metros de lonxitude novos, cun ancho medio de 12,14 metros e unha superficie total de 692 metros cadrados. A nova urbanización inclúe dúas beirarrúas peonís, situadas a ambos lados da vía, cunha anchura aproximada de entre 1,20 e 1,50 metros, así como unha calzada central de entre 6,90 e 9,30 metros de ancho, con dous carrís de circulación, un por cada sentido. Complétase cunha zona de estacionamento en liña nun dos lados do vial incluída a parte da rúa xa existente, tal e como establece a normativa de circulación.

Ademais da execución do novo vial, a obra incluíu a dotación de todos os servizos urbanos necesarios, entre eles rede de saneamento, pluviais, abastecemento de auga, iluminación pública, baixa tensión e telecomunicacións. Tamén se realizaron os peches das parcelas afectadas e colocáronse portas de acceso ás mesmas. A sinalización inclúe marcas viarias horizontais e a sinalización vertical correspondente, incluído un sinal de STOP na intersección coa rúa Santiago para os vehículos procedentes da rúa Chantada.

O alcalde, José Tomé, supervisou a posta en servizo do vial, despois das obras desenvoltas pola empresa Extraco cun investimento total de 132.190 euros e destacou que “a apertura deste novo tramo supón seguir avanzando no compromiso adquirido coas monfortinas e cos monfortinos para continuar mellorando as infraestruturas urbanas da cidade”. O rexedor subliñou ademais que “despois de moitos anos, este Equipo de Goberno consegue eliminar outro tapón urbanístico, igual que xa fixemos noutras zonas da cidade como Rof Codina”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...