HomesociedadeO 1 de xuño desde as 8:00h péchase ao tráfico de peóns...

O 1 de xuño desde as 8:00h péchase ao tráfico de peóns e vehículos a Ponte Medieval de Monforte por labores de limpeza

Este luns, 1 de xuño, procederase a realizar a limpeza de vexetación da Ponte Medieval, tal e como se vén facendo nestes últimos anos. Esta actuación requerirá pechar o tráfico pola Ponte tanto de vehículos como de peóns desde as 8.00 horas da mañá e ata que rematen os traballos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Brigada Municipal de Parques e Xardíns do Concello será a encargada de acometer esta limpeza, que consistirá na retirada da vexetación que se foi acumulando nestes últimos meses na Ponte Medieval. En concreto, procederase ao corte da maleza e limpeza das herbas, co obxectivo de  resaltar a beleza do monumento.

O alcalde, José Tomé, destaca que “a limpeza e o axeitado mantemento deste Ben de Interese Cultural é unha das actuacións que este goberno municipal contemplou dende que iniciamos o noso mandato no ano 2015. A Ponte Medieval é un monumento que forma parte da imaxe da nosa cidade e por iso debemos mantela nas mellores condicións, co obxectivo de que no futuro sexa peonil para o desfrute dos monfortinos e turistas que nos visitan”.

Polo tipo de actuacións a realizar, precísase o peche da Ponte tanto para o paso de vehículos como de peóns. No que se refire aos peóns utilizaranse como itinerarios alternativos tanto a pasarela de madeira como a Ponte Nova. Para os vehículos, os que circulen procedentes do Campo de San Antonio desviaranse no inicio da rúa Méndez Casal e circularán por Abeledos e Ronda María Emilia Casas Baamonde. No caso da circulación por Santa Clara en dirección ao centro da cidade, desviaranse pola rúa Corredoira. Así mesmo, os que veñan de rúa Corredoira cara Santa Clara, terán que desviarse por Santa Clara en dirección á Ronda María Emilia Casas Baamonde.

Plano peche ponte

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...