HomesociedadeQueda instalado ata outono o azud da Pinguela

Queda instalado ata outono o azud da Pinguela

O Concello de Monforte levou a cabo os traballos de colocación do AZUD desmontable da Lagoa da Pinguela, no Parque de Cobas. Esta colocación da presa faise durante a primavera para darlle continuidade lonxitudinal ao cauce natural do río Cabe e, ó mesmo tempo, mellorar a recarga subterránea da auga da lagoa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No ano 2016, a forza da auga rompera o vello AZUD da Pinguela. En xaneiro do ano 2022, presentouse o proxecto de acondicionamento da lagoa da Pinguela e a construción dunha nova presa desmontable, complementando unha ampla zona de recreo de preto de 3 hectáreas (30.000 m2). O investimento para levar a cabo esta actuación foi de 612.000€. A finais dese ano inaugurouse.

En época de estiaxe, a lagoa é máis sensible ás variacións que poida haber no río Cabe, xa que, debido aos caudais é mais difícil a recarga superficial da mesma a través do canal de entrada na lagoa. Este azud desmontable retírase no inicio do outono, coa volta das chuvias, para facilitar o paso da auga e evitar danos na medida do posible.

Azud da Pinguela / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...