HomesociedadeRoberto Castro: "A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

San Clodio, no Concello de Ribas de Sil, acollerá esta fin de semana a XXII edición da súa Festa da Cereixa, evento que co paso dos anos foi integrando outros produtos autóctonos de gran valor como son o viño e o aceite

Publicado o

POR
Ana Belén Fernández
- Advertisement -

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación de máis de 25 expositores. Ademais dos postos de cereixas, de aceite e de viño, tamén haberá outros de produtos típicos da contorna, artesanía e entidades asociativas. Prevese que se poñan á venda preto de 2.000 quilos de cereixas, 250 litros de aceite, e contarase coa participación de sete adegas.

O alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro, asegura que as variedades máis tardías de cereixa están moi ben pola climatoloxía dos últimos días, “temos unha boa colleita con produto de calidade e en cantidade suficiente”.

Este ano na programación da actividade o rexedor destaca a homenaxe que este 6 de xuño desde as 12:00 se lle fará á agrupación local de Manos Unidas, “a asociación local de Manos Unidas traía as súas pezas á Feira da Cereixa ou na Semana Santa para recadar fondos para promover proxectos de desenvolvemento cos mercadiños que organizaba. Aportaron o seu graíño de area para facer un mundo mellor que non está nada mal nos tempos que corren. Remataron coa úa actividade porque son persoas maiores e o concello quere recoñecerlles o seu labor”, explica o rexedor, esperando que sexa un acto “moi emotivo”. Durante a homenaxe actuará a Coral Municipal de Quiroga.

A feira abrirá na mañá do sábado e ás 18:00h terá lugar a apertura da exposición de pintura na Aula de Pesca con actividade aberta de pintura ao aire libre. Ás 20:00h haberá un concerto de rock a cargo da banda The Cruze. O domingo contarase durante toda a xornada con animación musical a cargo da charanga Street Band e do grupo de gaitas Aikirindo. Ás 13.00 horas terá lugar a ofrenda floral do Corpus no adro da igrexa e, ás 13.30 será o pregón a cargo da Subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López Rodríguez. Pechará a xornada a actuación musical por todo o recinto feiral dende as 18:00 h a charanga Street Band.

Roberto Castro invita á participación nesta celebración, “o ambiente sempre é moi agradable, a zona na que celebramos a festa é un lugar espectacular, a xente vén, merca as cereixas e outros produtos e permanece moito tempo no recinto disfrutando da praia fluvial. Vemos de ano e ano que quen vén a festa pola cereixa e tamén polo aceite e o viño, descubre un lugar no que despois quere quedar ou quere volver para gozar coa familia deste espazo que é do mellor que temos no municipio”.

Festa da Cereixa San Clodio / Concello de Ribas de Sil

A Festa da Cereixa forma parte da programación da Semana dos Xeoparques que se está celebrando no Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel con diferentes actividades. A celebración tamén se encadra nos Sabores das Nosas Rochas, un proxecto conxunto onde se poñen en valor todos os produtos agrarios que se fan nos concello do Xeoparque. “Facemos unha interesante promoción conxunta deste territorio que está máis alá das fronteiras do municipio, agrupa as festas gastronómicas organizadas nos tres concellos para impulsar os produtos locais, como o aceite, a castaña, o viño, o mel e a cereixa”, afirma o alcalde.

A cita presentábase tamén esta fin de semana na Deputación Provincial, coa participación do deputado de Promoción Económico e Social, Pablo Rivera Capón; o alcalde de Ribas de Sil, Roberto Castro González; e o produtor local de cereixa, Joaquín Vidal Núñez. O deputado destacou que a contorna fluvial de San Clodio volverá ser “un magnífico escaparate” dos produtores e produtoras locais, da gastronomía e da paisaxe do municipio. “Esta festa é un exemplo de promoción do territorio do territorio a través de tres produtos emblemáticos da comarca, que reflicten a riqueza agrícola da zona e a capacidade da súa xente para transformar os recursos da terra nunha oportunidade de desenvolvemento e promoción”. Rivera lembrou tamén que a institución provincial achega a esta celebración 9.000€ con cargo ao Plan Deputación 2026.

Presentación Festa da Cereixa 2026 / Deputación Provincial

ÚLTIMAS

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...

O alumnado de Bóveda transfórmase en axentes ambientais na Semana do Medio Ambiente

Como parte da actividade desenvolta este xoves, alumnos e alumnas convertéronse en axentes ambientais...