HomeMedio ambiente e PatrimonioInaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

O itinerario divulgativo atópase no viveiro público dos Trollos, en Bóveda, e a súa posta en marcha forma parte dun plan da Xunta para abrir ao público en xeral este tipo de instalacións que está dotado con arredor de medio millón de euros e que inclúe tamén actuacións no viveiro autonómico de Santa Cruz de Oleiros, na Coruña.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Luisa Piñeiro, e polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, inaugurou este venres unha nova senda interpretativa para divulgar a cultura forestal no marco do Día Mundial do Medio Ambiente, unha actividade na que participaron estudantes dos CEIP de Bóveda e de Monforte de Lemos.

A senda conta con pezas interpretativas realizadas en madeira, que representan a fauna da contorna, e facilítase ademais a observación do hábitat formado polas distintas especies forestais do viveiro, unha instalación de 30 hectáreas de superficie, a maior parte dela ocupada por diversas masas arbóreas, tanto de especies autóctonas como doutras de carácter ornamental.

A conselleira destacou que iniciativas coma esta “favorecen a divulgación da nosa riqueza forestal, que é clave na súa conservación” e subliñou, así mesmo, que se enmarca nos eixos de traballo do Plan Forestal de Galicia referidos á información, divulgación e comunicación sobre o territorio, os recursos e a xestión forestal.

O dos Trollos é un dos oito viveiros forestais dependentes da Consellería do Medio Rural e que na actualidade producen unhas 20.000 plantas de frondosas autóctonas. O departamento autonómico está a realizar melloras estruturais nas súas instalacións e mantemento de hortos e sementeiros, así como produción de sementes de alto valor xenético.

Viveiro Os Trollos Día Medio Ambiente 2026 / Consellería Medi o Rural

ÚLTIMAS

Así foi a participación monfortina nos XVI Xogos do Eixo Atlántico

A delegación monfortina estivo formada por 68 deportistas que participaron en 4 modalidades deportivas:...

O BNG discrepa do financiamento da Ponte do Malecón por parte da Deputación

O deputado e vicepresidente da Deputación, Efrén Castro e o portavoz municipal en Monforte,...

Desactivada a situación 2 no incendio de Soutordei en Ribas de Sil

No concello de Ribas de Sil segue activo desde as 18.22 horas deste sábado,...

O Incio tamén presenta a súa ‘axenda de lecer’ para o verán

O Concello do Incio vén de anunciar a súa variada programación de actividades para...