HomesociedadeO enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da...

O enxeñeiro agrónomo ‘Cuqui Silva’ pregoará o VIII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Nado en Chantada no ano 1949, o enexeñeiro agrónomo, José Manuel Silva é unha das personalidades galegas con maior proxección internacional nos ámbitos da agricultura, o desenvolvemento rural, a investigación e as políticas europeas. Ao longo de máis de tres décadas desempeñou responsabilidades de máximo nivel na Comisión Europea.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte anuncia que José Manuel Silva Rodríguez, coñecido como ‘Cuqui Silva’, será o encargado de pronunciar o pregón inaugural da VIII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte, que se celebrará os días 3, 4 e 5 de xullo no Paseo do Malecón.

A traxectoria do pregoeiro foi recoñecida con numerosas distincións como Fillo Predilecto de Chantada, Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo e Oficial da Lexión de Honor da República Francesa, unha das máis altas condecoracións concedidas polo Estado francés.

Na actualidade continúa colaborando activamente en organismos científicos, tecnolóxicos e de desenvolvemento territorial como Patrono da Fundación Kaertor, membro do Consello Asesor do Barcelona Supercomputing Center, membro do Comité Científico de Galicia, do Comité Científico do CERVIM, do CORICAT de Cataluña e do Comité Consultivo de SPARC, entre outras responsabilidades.

O alcalde, José Tomé, explica que a elección de José Manuel Silva como pregoeiro “constitúe unha homenaxe a unha traxectoria profesional excepcional profundamente vinculada ao mundo agrario e ao desenvolvemento dos agricuterritorios rurais, valores que conectan directamente coa identidade da Ribeira Sacra e coa filosofía do noso Festival do Viño”.

O pregón terá lugar o venres, 3 de xullo, ás 21.00 horas durante o acto oficial de inauguración do Festival, xusto despois da actuación dos Xograres de Lemos. A VIII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra contará coa participación de 27 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e 12 propostas gastronómicas, ademais dunha ampla programación que inclúe catas temáticas, unha masterclass internacional impartida por Jonas Tofterup, Master of Wine, actividades infantís, ViñoRutas polos canóns do Sil e do Miño e as actuacións musicais de A Roda e Galifunik, ademais da citada dos Xograres de Lemos.

ÚLTIMAS

Do 26 ao 30 de outubro Quiroga organiza un curso de introdución á lingua e cultura galegas

O Concello de Quiroga contará cun curso de iniciación ao galego especialmente indicado para...

A Deputación inviste na provincia 3,2 M€ en axudas directas ao deporte de base

O servizo de Deportes tramitou as 55 axudas nominativas consignadas nos orzamentos de 2025:...

‘Éxitos da música galega’ na Casa da Memoria de Bóveda

Os amantes da música galega, especialmente deses temas que temos gardados na memoria e...

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...